Os Reis Magos de Oriente visitan Pontedeume

 
 
O Concello de Pontedeume informa que as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, chegarán este venres 5 de xaneiro á vila eumesa para participar na tradicional cabalgata de Reis.  
 
As súas maxestades sairán en desfile a partir das 18.00 dende a estación de ferrocarril, percorrendo distintas rúas da vila ata chegar ao Mercado Municipal ás 19.00. No mercado, os Reis Magos realizará unha recepción para toda a rapazada da vila.
 
Os nenos poderán entregarlle ás súas maxestades as cartas cos seus desexos, para que se cumpran na máxica noite de Reis.  En caso de choiva, o desfile partirá directamente da estación de ferrocarril ata o interior do Mercado Municipal para recibir á cativada, sen percorrer as rúas da vila.
 
O Concello de Pontedeume recorda á veciñanza que algunhas zonas de estacionamento permanecerán pechadas para poder realizar adecuadamente o desprazamento dos vehículos e persoas que integran o desfile. Concretamente, restrinxirase o estacionamento en camiño Estreito e suprimiranse varias prazas na rúa Ricardo Sánchez e en todo o frontal da praza do Mercado por ambos lados.  
 
Por último, con motivo da celebración da cabalgata de Reis, o Mercado Municipal de Pontedeume permanecerá pechado durante a tarde do venres día 5, para acoller a recepción dos Reis Magos. O sábado 6 de xaneiro, festivo nacional, nin o Mercado Municipal nin o Feirón estarán abertos.  

Lea también

As Pontes mejorará la red de saneamiento en su casco histórico

El Ayuntamiento de As Pontes ha previsto acometer la mejora de la red de saneamiento …