Portos de Galicia e Pontedeume analizan os terreos susceptibles de reversión

Tamén se abordou a situación actual da concesión do Club de Piragüismo, da que tamén se presentará unha proposta.

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, para analizar os terreos susceptibles de reversión por parte do ente público ao municipio coruñés pola súa innecesariedade para o desenvolvemento da actividade portuaria.

Así, acordouse que os responsables municipais remitan a Portos unha proposta o vindeiro mes de setembro que será analizada para a súa tramitación unha vez resoltos os 26 expedientes consensuados coa Fegamp.

Por outra banda, tamén abordaron a situación actual do Club de Piragüismo coa que se pretende estudar a posibilidade de ampliar a superficie na franxa traseira de 3 metros de ancho para dispoñer de maior espazo para almacenaxe. O ente municipal dará traslado dunha petición a Portos de Galicia para continuar avanzando nesta liña de traballo conxunta.

Lea también

‘Pontedeume Vila do Libro’ homenaxea a Castelao nos 75 anos da súa morte

Pedro Feijóo, Arantza Portabales, Antía Yáñez e María Solar son algúns dos autores que participarán …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *