Descende o número de ingresados por gripe nos hospitales do SERGAS

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas segue coa avaliación diaria da situación dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios e de atención primaria da rede sanitaria pública galega. Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, na actualidade, o total de persoas ingresadas por gripe nos hospitais dos Sergas é de 904, dos que 42 están en UCI.

Por tanto, por primeira vez, prodúcese un lixeiro descenso. Así, respecto da xornada anterior, hai 21 persoas menos hospitalizadas, e cinco menos en UCI. A positividade da gripe é do 35%, o que representa un 1,11% menos que na xornada anterior.

Polo que atinxe á vacinación da gripe, a semana pasada, en tres días, vacináronse máis de 9.000 persoas (9.217). Ao respecto, na actualidade, no grupo de maiores de 80 anos, o 82 % están vacinados; no de 65 e máis anos o 73 %; no de 60 e máis anos o 67 %; e nos nenos e nenas de 0-59 meses, o 51 %. Galicia é a comunidade con maior cobertura de
vacinación contra a gripe.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra que vacinarse pode evitar o contaxio e, por suposto, as complicacións que poden levar ao paciente ao hospital, sobre todo en persoas maiores e vulnerables. O departamento sanitario galego subliña que a campaña de vacinación permanece aberta ata o 12 de xaneiro.

Respecto ao virus respiratorio sincitial, o total de casos que permanecen hospitalizados é de 164, tres menos que onte, e ningún na UCI, un menos que onte. En relación ás urxencias, no que atinxe ao dato de persoas que entraron nos servizos onte, foron 256 menos que o día anterior, 172 adultos menos e 84 cativos menos.

Lea también

A Deputación rexistra 6.012 solicitudes para o programa de axudas PEL para autónomos no rural

A Deputación da Coruña vén de rexistrar 6.012 solicitudes para a nova axudas liña de …