O IES Catabois elexido para incorporar o modelo de educación Ponte..nas Ondas!

 

Só unha vintena de centros educativos de toda Galicia incorpóranse este curso, nunha primeira fase experimental, ao modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido pola Unesco en 2022; e entre eles estarán dos centros da provincia da Coruña, o IES Catabois de Ferrol e o IES Plurilingüe Fontexería de Muros.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino. O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público o modelo internacional Ponte… nas Ondas!, recoñecido polas Nacións Unidas como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

Escola, radio, patrimonio e lazos coa lusofonía
O modelo Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses. 

A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Coa incorporación paulatina deste modelo ao sistema educativo público galego, a través do cal búscase reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal.

Os centros educativos participantes contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …