A SGHN de Ferrol informa da anulación da conferencia sobre a lagoa de Sobrado programada para este venres

A Sociedade Galega de Historia Natural ven de anunciar na mañá deste venres a ANULACIÓN da conferencia de Rafael Carballeira, programada para  este venres 29 ás 19.30 horas no salón de actos da entidade, a cal poría punto final ao programa subvencionado pola Deputación da Coruña “Xuntanzas Naturalistas”. 

Rafael Carballeira, Doutor en Bioloxía pola Universidade da Coruña (UDC) e investigador postdoctoral do departamento de Ecoloxía da Universidad de Valencia, falará na súa conferencia sobre a lagoa de Sobrado, un dos ecosistemas lacustres máis emblemáticos de Galicia durante décadas por ser a nivel local unha importante fonte de recursos.

A orixe seminatural desta lagoa como un encoro do Tambre, é a chave do sistema hidráulico dunha
gran obra de inxeñería vencellada á Orde do Císter e do Mosteiro de Sobrado dos Monxes dende tempos históricos, e pervivíu a través dos séculos ata os nosos días como unha paisaxe natural dun enorme atractivo turístico e como un dos primeiros exemplos de custodia do territorio por parte da propia Sociedade Galega de Historia Natural.

Este espazo de gran riqueza e valor natural, caracterízase polas comunidades biolóxicas que permiten o funcionamiento do ecosistema.

Ao longo da súa conferencia titulada “El lago de Sobrado, una gran historia por conocer”, o investigador afondará e analizará a dinámica limnolóxica que rixe a propia lagoa, cuxo seguemento permitíu desvelar algúns dos segredos que se ocultan baixo as súas augas e que comprenden dende especies altamente ameazadas a datos preliminares sobre a súa paleoecoloxía, facendo unha inmersión histórica más aló do coñecido na que se vencellan as actividades humanas e os procesos naturais ao longo dos séculos conformando este ecosistema único en Galicia.

O eido de investigación de Rafael Carballeira comprende a botánica e a limnoloxía, que é a ciencia que estuda os lagos en todos os seus aspectos, e en xeral, as masas de auga continentais. Conta coa colaboración con institucións científicas de prestixio a nivel internacional, como é as universidades de Oxford ou Colonia, e ten máis de 30 publicacións científicas relevantes en diversos campos como a botánica, limnoloxía, medioambiente, conservación, patrimonio monumental construído e mediciña legal, entre as que se atopan algunhas publicacións no prestixioso grupo Nature (Nature, Scientific Data).

É editor da revista Frontiers in Ecology and Evolution y editor convidado da revista Toxins, así como revisor de múltiples revistas científicas de diferentes editoriais. Participou con máis de 38 conferencias científicas tanto nacionais como internacionais, e en 21 proxectos de investigación con múltiples e diversos grupos de investigación.

Está acreditado como profesor contratado doutor e de universidade privada pola ANECA, e entre a Universidade de Santiago de Compostela e a de Valencia, dirixíu máis dunha ducia de Traballos de Fin de Mestrado e Grao, así como varias teses doutorais na USC.

Ademais da súa faceta científica, participou na diseminación e transferencia de resultados científicos á sociedade a través de múltiples actividades de divulgación, tanto a nivel local como nacional, con 10 artigos e 9 ponencias convidadas sobre humidais ou a nivel europeo, na “Noche Europea del Investigador 2021”, obtendo un premio á fotografía de ecosistemas vulnerables.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …