Venres 29 de decembro de 2023
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 11:00, 12:00, 13:00; 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas da estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura.
Os establecementos comerciais de Narón adheridos á iniciativa repartirán os tickets para poder realizar as viaxes, de balde, coas compras nos seus respectivos establecementos. O Concello organiza a iniciativa en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón
Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara
O Concello organiza un ano máis os Poboados de Nadal, que permanecerán instalados na Praza da Gándara, onde se desenvolverán actividades como exhibicións de baile, concertos, obradoiros para nenos… todos eles de balde.
Actividade: Concerto de Fin de ano Hora: 19:30 Lugar: Pazo da Cultura
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil da Agrupación Cultural Musical Sementeira actuarán no tradicional concerto de Fin de ano que se organiza no Pazo da Cultura. As entradas teñen un prezo de dous euros e poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo.
Sábado 30 de decembro de 2023
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 11:00, 12:00, 13:00; 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas da estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura.
Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara
Domingo 31 de decembro de 2023
Actividade: A Trintaeundoce, San Silvestre de Narón Hora: 16:30 horas Lugar: Inmediacións da rotonda de Freixeiro
O Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón organizan un ano máis este evento, no que participarán algo máis de 300 persoas de diferentes idades.
Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara
Luns 1 de xaneiro de 2024
Actividade: Festa de Fin de ano Hora: 01:00 Lugar: Praza de Galicia
O novo ano comezará en Narón cunha sesión de fogos de artificio e tamén coa festa de Fin de ano, na que actuarán a orquestra Olympus e o grupo Claxxon. A entrada é de balde.
Martes 2 de xaneiro de 2024
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 11:00, 12:00, 13:00; 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas da estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura.
Os establecementos comerciais de Narón adheridos á iniciativa repartirán os tickets para poder realizar as viaxes, de balde, coas compras nos seus respectivos establecementos. O Concello organiza a iniciativa en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón
Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara
O Concello organiza un ano máis os Poboados de Nadal, que permanecerán instalados na Praza da Gándara, onde se desenvolverán actividades como exhibicións de baile, concertos, obradoiros para nenos… todos eles de balde.
No día de hoxe terá lugar o espectáculo “Non sexas grinch”, ás 17:30 horas, dirixido a público infantil e no que se retará aos menores con probas e preguntas sobre o que saben do Nadal.