A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza unha nova edición dos Cantos de Nadal

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza para este sábado 16 de decembro unha nova edición dos “Cantos de Nadal” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 17:00 horas cun obradoiro de Cantos de Nadal, no que todas as persoas interesadas poderán coñecer varios cantos de Nadal e Reis tradicionais da nosa cultura. Ás 18:00 h. farase un descanso para quecer o corpo con chocolate e biscoito, para coller forzas e retornar ás 19:00 h. para botar os Cantos de Nadal entre todos e todas as asistentes.

Como broche final o grupo de Cantos de Taberna actuará cantan as cantigas máis tradicionais do noso repertorio. A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e pola A. VV. Rosa dos Ventos de Sedes é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …