O BNG valora positivamente a substitución do muro do Arsenal de Ferrol

El portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, calificou este venres «como unha boa nova o anuncio feito no día de onte de substitucións da muralla do Arsenal por un peche permeable que permita a conexión, aínda que só sexa visual, da cidade cos espazos que hai tras ese muro, e expresou o seu desexo de que esta proposta se faga realidade».

Según Rivas «avanzar neste proceso, aínda que só sexa visualmente debe permitir comezar a derrubar eses muros físicos pero tamén mentais que limitan o noso futuro e debe servir de estímulo para facer de Ferrol, no futuro unha cidade completa».

Deste xeito, o portavoz nacionalista, agarda que «poidamos aproximarnos, aínda que sexa timidamente, a unha das alternativas que temos enunciado como obxectivo para o futuro de Ferrol e que pasa pola integración plena dos espazos e edificacións que hai tras ese muro na trama urbana da cidade, permitindo o acceso e expansión de Ferrol cara un ámbito da cidade de gran valor pero a día de hoxe continúa a ser un gran descoñecido».

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …