Xoves 14 de decembro de 2023
Actividade: “Comunicando en igualdade” Hora: De 18:00 a 20:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
O Concello organiza, a través da Escola de Participación Cidadá de Narón unha xornada de formación básica destinada a asociacións interesadas en adquirir ferramentas para a comunicación e linguaxe non sexista nas súas entidades.
Venres 15 de decembro de 2023
Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade
Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura. Haberá tamén un torneo Gaming.
Actividade: “Os contos do fillo da Luca” Hora: 19:30 Lugar: Biblioteca municipal
Esta proposta municipal diríxese a persoas maiores de 14 anos. Damián Alonso interpretará varias historias para o público, sobre a súa infancia e as historias que o marcaron ao longo da súa vida. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade: “Festival de Navidad”, Allegro Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura
O Estudio de Danza Allegro impulsa esta convocatoria, dirixida a público familiar e con entradas á venda no despacho de billetes do Pazo da Cultura e na web: www.padroadodecultura.es
Sábado 16 de decembro de 2023
Actividade: “O gran xogo da reciclaxe” Hora: 11:00 Lugar: Centro Cívico social do Couto
O Concello organiza este obradoiro, para menores de entre 6 e 12 anos e que require inscrición previa. Durante aproximadamente hora e media ensinarase a reciclar aos participantes, así como a importancia de reducir os residuos e o gasto enerxético.
Actividade: Obradoiro de Nadal Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal
A Biblioteca acolle este obradoiro, pensado para menores a partir de 4 anos e no que realizarán elementos decorativos para o Nadal que poderán levar para as súas casas. As prazas dispoñibles están xa completas.
Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade
Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura. Nesta sesión as mozas e mozos que leven unha camiseta vella poderán reciclala e convertila nunha bolsa de Nadal.
Actividade: “The streets of New Orleans” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A música góspel chega un ano máis por estas datas ao Pazo da Cultura, da man da compañía The New Orleáns Gospel Stars. O espectáculo é unha sentida homenaxe á cidade onde sempre hai música no aire, cun concerto que recrea os vellos himnos do gospel e unha selección de grandes hits. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo da Cultura e na web: www.padroadodecultura.es.
Domingo 17 de decembro de 2023
Actividade: XIV Mercado de 2ª Man Hora: De 10:30 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 19:00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)
Un total de 70 postos de venda de artículos de segunda man participarán nesta edición do Mercado de 2ª Man organizado polo Concello. Roupa, calzado, libros, bisutería… forman parte dos artículos que se porán á venda no recinto feiral do Trece. A entrada é de balde.
Actividade: “Remember Queen” Hora: 19:30 Lugar: Pazo da Cultura
O Pazo acollerá este espectáculo de homenaxe a Queen, cun equipo de artistas que coida todos os detalles do espectáculo orixinal. O protagonista é Piero Venery, considerado o mellor dobre do mundo de Freddie Mercury. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo da Cultura e na web: www.padroadodecultura.es.