Esgotadas en media hora as entradas das visitas guiadas o «Patrimonio invisible de Ferrol»

Cuartel de Dolores, base do Tercio Norte de Infantería de Marina (cuartel más antigo de España e unha das obras mais singulares da arquitectura militar do s. XVIII )

A concelleira de Turismo de Ferrol , Maica García, manifestou a súa ledicia por esgotarse en media hora as reservas para gozar durante dous días das visitas guiadas da III Semana do Patrimonio Invisible. En total son 12 visitas a sete espazos, cunha oferta de 215 prazas e podíase facer un máximo de reserva de tres visitas para dúas persoas.

As visitas abriranse este venres día 15 ás 11:00 horas cunha primeira parada no Arquivo Intermedio Militar, ao que seguirá, ás 12:00 horas, unha visita ao faro do Cabo Prior, que se repetirá ás 13:00 horas debido á demanda. Xa pola tarde os visitantes coñecerán as instalacións de Navantia, ás 18:00 horas realizarán unha parada no pazo municipal e unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, o percorrido levará aos visitantes ata a Venerable Orden Terceira franciscana, unha novidade esta edición.

O sábado o público poderá descubrir a Estación Naval de A Graña ás 11:00 horas. Unha hora máis tarde visitarán a Venerable Orden Terceira franciscana e, ás 13:00 horas, o Cuartel de Dolores e Fontelonga. A visita inclúe de novo a parada en Navantia (16:30 horas), no faro de Cabo Prior (18:00 horas) e, por último, no Concello de Ferrol (19:00 horas).

A concelleira de Turismo agradeceu a todas as persoas o interese por participar nesta III edición do Patrimonio Invisible e lamentou que se quedaran solicitudes pendentes, o que demostra a aceptación deste tipo de visitas que serven para descrubir o noso patrimonio histórico máis invisible.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …