As Pontes pecha o ano deportivo coa carreira de San Silvestre

O Concello de As Pontes pechará as actividades deportivas do ano 2023 coa tradicional carreira de San Silvestre que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 16:30 horas

Elena López, concelleira de Deporte apunta que “a San Silvestre pontesa non é unha cita deportiva máis, é unha proba na que se mistura a práctica da actividade física coa diversión. Cada ano son moitas as familias que participan nesta carreira, participantes disfrazados e mesmos veciños que acoden coas súas mascotas, converténdose nunha ocasión perfeta para practicar deporte xunto á familia e as amizades”.

A carreira, organizada polo Concello de As Pontes coa colaboración do club local Trieume, disputarase sobre un circuíto de 2,5 quilómetros, con saída e chegada na rúa Alexandre Bóveda e haberá catro categorías

Biberón: 150 m (ano nacemento do 2016 en diante), Sub12: 500 m (ano nacemento 2011, 2012, 2013, 2014, 2015), Sub16: 1000 m (ano nacemento 2007, 2008, 2009, 2010), absoluta: 2500 m (ano nacemento 2006 e anteriores) e inclúe tamén unha andaina de 2,5 quilómetros que tomará a saída ás 17:35 horas.

As inscricións e recollida de dorsais faranse ese mesmo día desde as 15:30 horas na carpa situada no patio do CEIP Santa María e os participantes menores de idade deberán ter o consentimento do tutor

Elena López sinala que, debido ao carácter lúdico e non competitivo da proba, optouse por premiar ao mellor disfrace de cada unha das categorías polo que “desde o Concello invitamos ás persoas participantes a acudir cos seus mellores disfraces á proba e gozar da última tarde do ano”.

Ao remate da San Silvestre haberá chocolate para todas as persoas participantes

Lea también

O Mercado das Pontes acolle unha degustación de productos da ría de Ferrol

O Mercado Municipal das Pontes acollerá este sábado 23 desde ás 11:00 ás 13:00 horas …