RallyShow Deputación da Coruña: o gran espectáculo do motor en Galicia chega ás Pontes

O evento é gratuito e congregará a destacados pilotos e afeccionados ao mundo do motor de toda Galicia. 16 pilotos de elite mediranse en eliminatorias directas nunha xornada que contará con exhibicións, drifts, música, agasallos e sorpresas para o público asistente.

Fuente Diputación de A Coruña

O mundo do motor galego ten unha nova cita marcada en vermello no calendario: o RallyShow Deputación da Coruña, que se celebra o sábado 30 de agosto no Circuíto das Pontes.

Un evento pensado para vivir a emoción dos rallys a pé de pista, que busca achegar a paixón polos coches, a competición e a velocidade ás persoas afeccionadas, cun formato innovador, trepidante, visual e destinado a todos os públicos.

Impulsado pola Deputación da Coruña, este espectáculo automobilístico chega para quedar. Cun deseño inspirado nos grandes eventos europeos, o RallyShow desenvolverase ao longo dunha única xornada pero promete deixar pegada: 16 pilotos mediranse en eliminatorias directas, en carreiras corpo a corpo, cheas de tensión e espectáculo, ata coroar ao gran vencedor nunha final ao mellor de tres.

A cita contará cun cartel de luxo, con pilotos destacados do panorama galego e estatal, como:

Diego Fontán (Alpine A110 GT)

Antón Pérez (Skoda Fabia WRC)

Javier R. Grille (Ford Sierra RS Cosworth)

Dani Berdomás (Hyundai i20 N Rally2)

Raúl Hernández (Skoda Fabia RS Rally2)

Diego Varela (Hyundai i20 Rally2)

Jorge Pérez (Porsche 991 GT3)

Manuel Senra (Peugeot 306 Maxi)

Víctor Senra (Hyunday i20 WRC)

Fuente Diputación de A Coruña

espectáculo estará garantido dende o primeiro minuto, coa apertura a cargo de Sito González, que encherá a pista de derrapes a bordo dos seus BMW Drift. Ademais, Juanma Fligueiras e Pablo Álvarez achegarán unha proposta diferente e divertida cos seus Mini Cooper “Italian Job”, que animarán os descansos entre mangas.

Durante a xornada, o público poderá gozar tamén de exhibicións de carcross, música, animación e moitas sorpresas e agasallos. O evento será totalmente gratuito e incluirá o sorteo de camisetas oficiaisviaxes no globo cautivo da Deputación da Coruña e codrives —auténticas voltas de copiloto— xunto a pilotos como Dani Berdomás ou Raúl Hernández, para sentir a emoción dun rally dende dentro.

A acción comezará con mangas de adestramentos libres e oficiais, das que sairán os emparellamentos para os oitavos de final. A partir de aí, cada carreira será unha batalla a dúo, a tres voltas, cunha única meta: avanzar cara á final.

“Queremos que o RallyShow sexa a gran festa do motor en Galicia. Unha competición deportiva pensada para afeccionados de todas as idades, que leva o espectáculo dos rallies a un circuíto accesible, seguro e con todas as garantías como o das Pontes. Un evento que combina deporte e emoción e que consolida o compromiso da Deputación coa promoción do automobilismo galego”, destacou o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.

Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, subliñou “a aposta da Deputación por diversificar e descentralizar a oferta deportiva, achegando a diferentes puntos da provincia eventos de primeiro nivel coma este, capaces de atraer público, dinamizar a economía local e poñer en valor o noso talento deportivo. O RallyShow é un claro exemplo de como o deporte pode xerar impacto positivo máis aló do ámbito competitivo”, afirmou.

O RallyShow será tamén unha oportunidade para poñer en valor os atractivos turísticos, culturais e comerciais do Concello das Pontes, xerando un impacto económico e social directo na vila e reforzando o compromiso da Deputación coa dinamización do territorio a través do deporte.

O RallyShow Deputación da Coruña chega con forza para consolidarse como a cita de referencia no calendario do motor galego. Un espectáculo pensado para vibrar, para sentir e para vivir de preto a paixón polo automobilismo.

Lea también

Las Fuerzas Armadas demuestran su potencial operativo simulando combates en una playa de Samil abarrotada de público

El Rey,  Felipe VI, acompañado de Margarita Robles, pasó revista en la ría de Vigo …