Psoe Ferrol lamenta que o goberno de Rey Varela non celebre o «Regalarte» este Nadal

O grupo socialista de Ferrol denuncia que o goberno de José Manuel Rey Varela “enterre” o mercado Regalarte de Nadal, despois de dúas “exitosas edicións”.

Como afirmaron os socialistas, o mercado de arte Regalarte celebrou a súa primeira edición no Nadal do 2021, cunha participación de 18 artistas que amosaron as súas obras do 4 ao 8 de decembro, e na súa segunda edición, no Nadal de 2022, entre o 4 e o 11 de decembro, participaron 36 artistas, o cal evidencia o éxito da iniciativa.

Dende o PSdeG-PSOE sublíñase que «as datas nas que se viña celebrando este mercado non eran casuais, xa que se trataba de dar un pulo aos artistas mediante as ventas das súas obras nunhas datas propicias para elo, á vez que supoñía para os visitantes unha oportunidade de facer un agasallo orixinal e único no nadal»

Este evento, apuntan os socialista, xa «tiña consolidada unha “marca” recoñecible e que comenzaba a ser un referente no eido dos mercados de arte non só a nivel galego, senon tamén dende fóra da nosa comunidade, e proba diso é que o ano pasado, aínda que se duplicou o número de participantes con respecto a 2021, houbo lista de agarda de artistas»

«En canto á  asistencia de público, na edición do 2022 foi de case 30.000 persoas, e máis de 200 nenos e nenas pasaron polos seus obradoiros de arte»

“Non entendemos que o goberno de Rey Varela non lle dea continuidade a este exitoso evento, que supón un apoio tanto aos nosos artistas locais como á nosa cidade en xeral”, manifestaron dende o grupo socialista, ao tempo que se engadiu que este mercado era unha oportunidade “dende un punto de vista da cultura e tamén dende a propia promoción económica de Ferrol, posto que atraía visitantes á cidade por ser único na comarca e en boa parte de Galicia”.

«E, sobre todo, o que non entenden os concelleiros e concelleiras deste grupo é que a razón que se dea para non celebrar a terceira edición de Regalarte é a económica, “cando o Partido Popular ten aprobado un novo presuposto para 2023, coas súas partidas, e si teñen gastado noutro tipo de actividades»

“Sabemos que ao goberno de Rey Varela interésalle ben pouco o arte e a cultura de Ferrol, é que o PP aposta máis por enterrala, pero os socialistas non permitiremos que a inquina política de Rey Varela hacia o goberno anterior vaia contra os intereses da nosa cidade”, concluiron.

Lea también

Ferrol le solicitará al IGVS la cesión gratuita de tres parcelas en Esteiro y Caranza para ‘abrir Ferrol ao mar’

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes la petición de la cesión gratuita de …