O BNG de Ferrol insiste na necesidade dunha zona de baixas emisións na cidade

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, advertiu novamente, como xa indicara desde mediados do ano 2022, e como recentemente ten feito o valedor do pobo «da necesidade de desenvolver en Ferrol unha Zona de Baixas Emisión»

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, considera preocupante «a pasividade do goberno municipal que expón á cidade a ser sancionada».

Ademais sinalou que «existen alternativas que evitarían ter que impoñer unha nova taxa aos veciños da cidade e lembrou a proposta nacionalista da peonalización integral do barrio da Madalena co obxectivo de recuperar as rúas par a xente e aproveitar esta medida para dotar a cidade dunha zona de baixas emisións sen ter que impoñer un novo tributo nen obrigar a xente a dispor dun vehículo eléctrico»

O BNG lembra que a Lei 7/2021 de cambio climático e transición enerxética «impón aos concellos de máis de 50.000 habitantes a obriga da redacción dun PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel) con medidas que reduzan as emisións de gases derivados da mobilidade». «Entre esas medidas ten que estar, como mínimo, o estabelecemento de Zonas de Baixas Emisións antes de 2023»

«Ademais, o 27 de decembro de 2022 publicouse o R.D. polo que se regulan as Zonas de Baixas Emisións determinando dúas alternativas: Prohibir entrar e circular aos vehículos sen distintivo ambiental CERO, ECO e C. ou estabelecer unha Peaxe urbana, cobrar por entrar, circular e estacionar en certas zonas das cidades»

Iván Rivas lembra que «na nosa cidade a superficie destinada aos vehículos ocupa un 68% do espazo total dispoñible nas rúas, e tan só o 32% ao tránsito peonil, segundo os datos do Plan MOB, tamén que o camiño cara a recuperar as rúas para as persoas é un percurso inexorable que cidades como Pontevedra levan anos recorrendo e que Ferrol é incapaz de iniciar»

Por esta razón o BNG considera que «fronte ao modelo baseado na penalización, ter que pagar por acceder a determinadas zonas e o modelo discriminatorio que obriga a contar cun vehículo “ECO” para poder circular existe a alternativa de desenvolver un urbanismo sustentábel e equitativo, unha alternativa que promove a redución dos tráficos innecesarios para o funcionamento da cidade, que trae consigoutras vantaxes como a ampliación do espazo público para as persoas, a redución da sinistralidade e mesmo que facilita a autonomía dos menores e que debería ser o modelo de ZBE a desenvolver en Ferrol comezando pola peonalización do barrio da Madalena»

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …