Aberto o prazo en Narón para realizar achegas á elaboración da Axenda Urbana 2030

O Concello de Narón inicia o proceso de participación cidadá a través do proceso dixital co fin de deseñar o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030.

Así o anunciou o concelleiro de Urbanismo, Pablo Mauriz, área na que se desenvolve este proceso de cuxo comité responsable da Estratexia forma parte o tamén edil Manuel Ramos.

Con esta finalidade, definiranse a través da elaboración dun Plan de Acción Local, no marco da Axenda Urbana Española do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, unha serie de accións a desenvolver, coherentes e sustentables, dacordo cos criterios da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible.

“Co fin de construír o Narón que todos queremos para o futuro, marcando neste caso como meta o ano 2023, os nosos veciños teñen a oportunidad de colaborar neste proceso a través da plataforma de Participación Cidadá “Narón Participa”, na que poden presentar as súas achegas”, apuntou o Mauriz.

Esas achegas realizaranse a través de dous procesos, a través da citada plataforma, no enlace: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1804?tab=stages e outro de participación presencial, máis orientado a reunións de persoal técnico e diferentes axentes económicos.

A través do formulario dispoñible na plataforma municipal de Participación Cidadá, os veciños poden priorizar retos e obxectivos que consideren que se deben alcanzar a través da Axenda Urbana 2030 e a Estratexia Territorial Integrada de Narón.

A ordenación do chan, a conservación do patrimonio cultural e natural, a mellora de infraestruturas, accesiblidade, sostibilidade de edificios, rexeneración urbana, emisións de gases de efecto invernadoiro, aforro enerxético, reciclaxe… son algúns dos temas que se abordan no formulario subido á citada plataforma municipal.

Unha vez rematado o período persoal técnico encargarase de analizar as propostas e valorar a súa viabilidade.

O edil naronés indicou que o citado Plan de Acción local é un documento estratéxico no que se concretarán unha serie de operacións, medidas e actuacións para implementar as iniciativas municipais incluídas na estratexia que permitirá ao Concello participar nas oportunidades de financiamento do novo período de programación de Fondos Estruturais 2021-2027.

Dende o Concello naronés, anímase á veciñanza “a implicarse nesta iniciativa, da que sairá un documento estratéxico para o futuro da cidade, participando activamente no deseño do mesmo”, indicou Ramos.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …