O Concello de Narón organizou unha exposición sobre saúde mental que se pode ver ata o vindeiro 10 de decembro, nas instalacións do Centro Comercial Odeón.
A iniciativa, tal e como recordou a edil de Igualdade, María Lorenzo, enmárcase dentro do programa municipal Cóidate. A mostra consta de sete displays e un photocall. Nos primeiros realízase un repaso en cifras sobre como está a nivel nacional a saúde mental e compártense frases que incitan á reflexión sobre estereotipos vencellados coa saúde mental.
A guía de recursos para a saúde mental editada polo concello naronés se pode consultar a través do enlace: https://www.naron.es/web/cat/es/ayuntamiento/salud-mental.
Esta guía, tal e como recordou a edil naronesa, elaborouse este ano en colaboración coa área de Saúde Mental da Área Sanitaria de Ferrol, o centro de saúde de Narón e diversas asociacións da comarca.
A guía contén información “que pode ser de gran axuda para persoas que están atravesando problemas de saúde mental, as súas familias e tamén profesionais”, indicou María Lorenzo. En canto ao photocall instalado na exposición, permite que calquera persoa que se ahegue poida realizar unha fotografía e compartila en redes sociais, dando publicidade e ao tempo difusión a esta iniciativa.
Con esta finalidade pode empregar o hagstag: #naroncoasaudemental.
“Queremos concienciar á cidadanía en xeral sobre un tema tan relevante como a saúde mental, e en complemento a todo o traballo que levamos feito dende o Concello apostamos agora por esta exposición na que amosamos unha parte dese traballo para que se visibilice esta doenza”, subliñou.