FeC presenta dúas mocións para o seu debate no Pleno Ordinario

FeC presentou dúas mocións para o Pleno de novembro que terá lugar este xoves 29 ás 19.00h. A primeira das mocións ten que ver coa participación cidadá, «unha conexión entre veciñanza é Concello que debe poñerse en marcha dende o goberno local»

Para Ferrol en Común «a participación supón establecer mecanismos de información, control e participación na toma de decisións, co fin de complementar a democracia representativa con democracia participativa».

«Ese é o espírito do actual Regulamento de participación cidadá, vixente no Concello de Ferrol, pero esquecido nun caixón porque, quizais, non interesa dar voz á sociedade civil, organizada ou non, naqueles aspectos que lle afectan directamente»

«A participación debe trascender mais aló dunha caixa de suxerencias ou das xuntanzas puntuais coas Asociacións Veciñais, que co seu respectable e inxente traballo tampouco poden abarcalo todo nin recoller todas as opinións da veciñanza»

«Logo do recorte brutal no exercicio dos dereitos democráticos aprobado polo grupo actual de goberno, a través do Regulamento de organización que coarta a liberdade de expresión nas sesións plenarias, é necesario un exercicio de oxixenación e abrir vías de participación política»

Dende FeC «instamos a que se activen as figuras contempladas no Regulamento de Participación Cidadá: o observatorio cidadá onde articular enquisas populares sobre temas de relevancia, a comisión especial de suxestións e queixas, o defensor da cidadanía e outros mecanismos de participación como asembleas de barrio, foros cívicos, consultas populares, consello de veciñanza, etc»

«Doutra banda, presentamos unha moción para instar ás Comunidades Autónomas, neste caso á Xunta de Galicia, e o Goberno Central negocien un Plan de redución condicionada da débeda que a maioría das CCAA teñen co Estado«

«Con esta iniciativa pretendemos que se alivie o gasto financeiro e a débeda das Comunidades Autónomas para condicionar os recursos aforrados na mellora dos servizos sociais, educación e sanidade pública e maior financiamento autonómico cara os Concello que soportan dende fai ano medidas inxustas de aforro e falta de financiamento suficiente para os servizos públicos que prestan»

Dende FeC «defendemos esta proposta de cancelación da débeda autonómica suxeita a unha condicionalidade positiva, é dicir, os aforros obtidos deben ir destinados a incrementar os investimentos e gastos nos servizos esenciais e públicos e non a rebaixar tributos cedidos»

«Esta cancelación da débeda non tería custe para as Administracións Públicos senón que tería a capacidade de “obrigar” a incrementar o gasto e investimento público dos servizos esenciais que son os que a cidadanía precisa»

Lea también

Ferrol le solicitará al IGVS la cesión gratuita de tres parcelas en Esteiro y Caranza para ‘abrir Ferrol ao mar’

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes la petición de la cesión gratuita de …