A alcaldesa de Narón participou nas primeiras xornadas organizadas pola asociación Mulleres Ártabras

O Auditorio municipal de Narón acolleu este domingo, durantetodo o día, as primeiras xornadas organizadas pola asociación Mulleres
Ártabras. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu á convocatoria, titulada “O emprendemento é para todas”.

A rexedora local destacou a importancia de que un grupo de empresarias de Narón e comarca constituísen esta entidade e destacou o labor que desenvolve no sector.

A presidenta de Mulleres Ártabras, Marga Carballo, dirixiu unhas palabras ás persoas asistentes ao inicio da convocatoria, agradecendo a súa presencia e tamén o seu traballo. Así mesmo, destacou a implicación do Concello en xeral e da alcaldesa, Marián Ferreiro, en particular, sobre a que asegurou que “consideramos unha muller ártabra: traballadora, loitadora, nai e comprometida co feminismo”. Na mesma liña se pronunciou a vicepresidenta do colectivo, Noe Paz, que xunto con Mar Basoa, vogal de Mulleres Ártabras conduciu a xornada para ir presentando a cada unha das integrantes desta entidade e as súas empresas, maioritariamente de Narón pero tamén doutros concellos da comarca e adicadas a diversos sectores.

“Sodes un exemplo e un referente no mundo empresarial e agora tamén no ámbito do asociacionismo, apostando por unha unión que, de seguro, vos fará máis fortes”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou o papel que xogan as mulleres no tecido empresarial de Narón e comarca, “contribuíndo a que a cidade continúe á vangarda do sector” e subliñou que “con persoas coma vós estou segura de que o futuro da muller no ámbito empresarial ten moito que aportar”. Finalmente, a rexedora local desexou a todas elas un Feliz día internacional da muller emprendedora, que se conmemora este domingo e longa vida á Asociación Mulleres Ártabras, constituída a comezos deste ano.

 

A xornada comezou coa intervención de Andreina Aulas, que falou sobre a “Xestión do tempo”, abordando a súa propia experiencia e facilitando unha serie de técnicas e ferramentas dirixidas a acadar este obxectivo no noso día a día. Mantemento corporal, márketing dixital, networking, desenvolvemento de habilidades… son outras das propostas incluídas no programa. A maiores, ofreceuse un espazo para a conciliación das persoas asistentes, que puideron deixar aos seus fillos e fillas menores participando en diferentes obradoiros.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …