Alumnado do CEIP A Solaina reuniuse coa alcaldesa de Narón no salón de plenos

Un grupo de vinte e un nenas e nenos do colexio da Solaina desprazouse hoxe venres, acompañado polas súas mestras, ata o Concello de Narón para participar no programa de visitas de coñecemento da administración local. Á súa chegada ao salón de plenos, tal e como é habitual neste programa, viron o vídeo “Nara da Narón”, onde se lles explica a estrutura do Concello e un pouco da historia da cidade, e a continuación recibiunos a alcaldesa, Marián Ferreiro.

A rexedora local respostou a todas as preguntas que lle formularon os menores, sobre o seu centro en particular e a cidade en xeral. As nenas e nenos, dende os espazos que habitualmente ocupan as concelleiras e concelleiros da corporación local conversaron coa alcaldesa durante un tempo para posteriormente continuar realizando as actividades incluídas neste programa municipal. Antes de despedirse, Ferreiro entregoulles uns agasallos institucionais como recordo da súa visita ao Concello.

Durante a súa estadía no Consistorio os escolares realizaron un crebacabezas, visitaron as instalacións da Policía Local e participaron noutras actividades. As vindeiras visitas deste mes serán o día 21 cun grupo do CRA de Sedes e outro do CRA de Domirón; e o 24 e o 28 con escolares do CEIP A Gándara.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …