Aberta a inscrición para o contacontos “A historia en feminino” que abrirá a programación do 25N en Neda

O Concello de Neda abre o prazo de inscrición para o contacontos infantil co que arranca este martes, na biblioteca municipal a programación especial con motivo do 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha proposta de Lisístrata Asociación que leva por título “A historia en feminino”.

A iniciativa, que recala na vila o mércores día 22, a partir das 18.30 horas, brindará aos máis pequenos da casa a oportunidade de achegarse ás figuras dalgunhas das moitas mulleres sobresaíntes, cuxas historias foron invisibilizadas. Da man de Ana Hermida, e a través de contos e máis de xogos, os nenos e nenas nedenses familiarizaranse con referentes femininos (científicas, aventureiras, escritoras, deportistas…)

As nais e pais queiran que os seus fillos/as maiores de cinco anos asistan a este espectáculo, pensado para desfrutar en familia, deberán anotalos chamando ao teléfono 981 390 233. As prazas para esta actividade, incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña, son limitadas.

O contacontos inaugura a programación conmemorativa do 25 N en Neda que, desta volta, fai unha forte pola sensibilización da xente máis nova en materia de igualdade de oportunidades e de concienciación fronte ás distintas formas de violencia machista.

Lea también

Las entidades memorialistas de Ferrolterra pueden solicitar la incorporación al Consejo de la Memoria Democrática de Neda

Tras la aprobación del reglamento del Consejo de Memoria Democrática del Ayuntamiento de Neda, el …