Actividade: Teatro “Constante” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Comedia Nacional de Uruguay representará no Pazo a peza de teatro clásico “Constante”, baseada na obra “El príncipe Constante”, de Pedro Calderón de la Barca. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Venres 17 de novembro de 2023
Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade
Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura. Esta semana poderán participar nun torneo Beat Sabe, un xogo de realidade virtual, e un obradoiro de reciclaxe.
Actividade: Conferencia “Falemos do suicidio” Hora: 19.30 Lugar: Centro Cívico Social do Alto
O programa municipal Cóidate organiza unha nova actividade, unha conferencia a cargo do psicólogo Daniel Núñez Arias. É unha proposta dirixida a persoas coidadoras aínda que está aberto á asistencia de público en xeral. A entrada é de balde.
Actividade: XXXIV Gala do Deporte de Narón Hora: 21:00 Lugar: Pazo da Cultura
Preto dun milleiro de persoas participarán na trixésimo cuarta edición da Gala do Deporte de Narón, na que deportistas locais e doutros concellos optan a distincións nas diferentes modalidades deportivas.
Sábado 18 de novembro de 2023
Actividade: Obradoiro de defensa persoal dirixido ás mulleres Hora: 10:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Preto de 70 mulleres de Narón, de diferentes idades, asistirán a este obradoiro impulsado dende o Concello e que marcará o inicio dos actos programados con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. O instrutor policial e experto en defensa persoal feminina José Rodríguez e a doutora en psicoloxía Madó González serán os encargados de impartilo. A participación requeriu inscrición previa.
Actividade: Obradoiro “Sementando futuro” Hora: 11:00 Lugar: Centro Cívico Social do Couto
O Concello organiza a través do Servizo de Normalización Lingüística este obradoiro, para menores de 6 a 12 anos que empregarán materiais de refugallo para coñecer os pasos correctos para manter un viveiro propio de árbores autóctonas. Precisa inscrición previa e conta cun máximo de quince prazas.
Actividade: IV Encontro de Menores do Programa Amazonas Hora: 16:30 Lugar: Piscina do pavillón polideportivo da Gándara
O Padroado de Deportes colabora coa Federación Galega de Tríatlon, a Federación Española de Triatlón e a Xunta neste evento deportivo, que reunirá a unha vintena de mulleres para traballar aspectos técnicos e tácticos, carreira a pé e natación.
Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade
Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura. Esta semana poderán participar nun torneo Beat Sabe, un xogo de realidade virtual, e un obradoiro de reciclaxe.
Actividade: Magosto no Val; Hora: A partir das 18:00 horas Lugar: Pavillón polideportivo do Val
O Padroado da Cultura organiza conxuntamente coa asociación de veciños “Os Irmandiños”, do Val, o tradicional magosto, no que se servirán uns 200 quilos de castañas asadas. Tamén se ofrecerán liscos con pan de millo, arenques e haberá obradoiros de xogos tradicionais e música e baile cos grupos de baile tradicional e a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura.
Actividade: Concerto da Xove Banda de Narón Hora: 19:00 Lugar: Centro Comercial Odeón
O Padroado da Cultura colabora coa Asociación Cultural Musical Sementeira na organización deste concerto, programado para conmemorar o Día de Santa Icía, patrona dos músicos.
Actividade: Teatro contemporáneo “La isla del aire” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
O teatro contemporáneo regresa ao Pazo coa peza “La isla del aire”, da compañía Focus. Nuria Espert, Candela Serrat, Vicky Peña… forman parte do elenco desta obra, ambientada na illa de Menorca e cunha familia de cinco mulleres como protagonista. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Domingo 19 de novembro de 2023
Actividade: Ruta de sendeirismo “As pegadas do volframio” Hora: 08:00 Lugar: Saída do Concello de Narón en bus ata o Monte Neme.
O Concello programou a través da Escola de Participación Cidadá esta proposta para coñecer o Monte Neme e a historia desta zona da comarca de Berganiños. A participación requeriu inscrición previa. A actividade organizouse con motivo da Semana do Patrimonio e a ruta de sendeirismo a realizar estará guiada pola asociación ambiental Senda Nova.
Actividade: Xornada “O emprendemento é para todas” Hora: 10:00 Lugar: Auditorio municipal
O Auditorio acollerá en horario de mañá e tarde esta xornada, organizada polo Concello e a Asociación Mulleres Ártabras. Sucederanse unha serie de accións teóricas e prácticas dirixidas a emprendedoras e á cidadanía en xeral co fin de acadar un equilibrio que poidan trasladar á súa vida e ao emprendemento.
Actividade: Teatro familiar: “Ándale!!! Buen Apetito” Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Ghazafelhos estreará no Pazo a comedia “Ándale!!! Buen apetito”, unha obra para público a partir de seis anos e que é a reposición doutra peza anterior desta compañía, “Bon Apettit”. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es