O pleno de Narón aproba abonar a Ferrol 1,2M€ pola depuración correspondente ó 2022

O Concello de Narón acolleu este xoves 16, ás 9:30 horas, un pleno extraordinario no que se aprobou abonar ao veciño Concello de Ferrol os gastos efectivos do servizo de depuración correspondentes ao ano 2022.

Os edís de Terra Galega e BNG votaron a favor do punto, se ben tanto os do PP como os do PSOE se abstiveron.

O Consistorio naronés aboará unha partida de 1,2 millóns de euros no citado concepto. O voceiro de Terra Galega e edil de Facenda, Román Romero, recordou que se informou aos grupos da oposición da tramitación do expediente.

Así mesmo, o edil indicou que xa se solicitou unha reunión co actual equipo de goberno de Ferrol “para poder tratar este e outros temas vencellados ás dúas cidades”.

Lea también

Un equipo de cinco bombeiros do SPEIS de Narón parte este martes cara Ourense para axudar na extinción de incendios

Ante a solicitude de medios por parte do 112 Galicia-AXEGA, este martes 19, a primeira …