O BNG de Narón reclama que se abra o muíño de Xuvia por contratación directa

O BNG de Narón reclama que se abra o muíño de Xuvia e que a persoa sexa por contratación directa sen necesidade de licitar a unha empresa. O BNG preguntou en comisión en Setembro por qué o centro de interpretación do Muíño de Xuvia seguía pechado.

O BNG expresa a través dun comunicado que a resposta foi «que estaban á espera de licitar cunha empresa». Agora, ao non facilitarlles máis información e ver que o Muíño segue pechado, solicitan «mediante rexistro que sexa de contratación directa e opte o concello ás axudas da Deputación»

«O muíño de Xuvia conta con fodos europeos, da Deputación e tamén, en menor medida, municipais. No 2023 a obra deuse por rematada pero houbo que facer unha licitación para retirar lodos acumulados durante décadas polo desuso dos rodicios do muíño tal e como denuncio previamente o BNG de Narón. Agora, as denuncias de parte da veciñanza é que , se non se abren as comportas periodicamente, a zona da retirada de lodos, volverá encherse en pouco tempo»

“Ademais, en período preelectoral deuse a coñecer, por parte do concello, con visitas guiadas como quedara o interior as que estivemos dentro puidemos coñecer a maxestuosidade dunha obra civil e imaxinar a importancia que tivo” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Agora desde o BNG preocúpanse pola demora “cada vez máis inxustificada” de que non se abra a parte museística. “Preguntamos no mes de Setembro porque aínda non estaba aberto ao público o Muíño de Xuvia cando a parte expositiva está rematada. Díxosenos que se estaba á espera de licitar cunha empresa a atención ao público. Polo medio, vimos a retirada duns lodos que, sen solucionar as comportas dos muíños, volverán a encherse e agora. Entre unhas cousas e outras todo son sobrecustes…e nós, responsábelmente, para reducir custes entre tantos imprevistos, reclamamos a contratación directa da persoa cualificada para atender a parte museística e que se opte ás axudas da Deputación da Coruña que ofrece para os concellos neste eido antes de que sexa tarde” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG

“Están a dicir desde o goberno que non hai diñeiro para moitas cousas, pois xestionemos para aforrar nesta ocasión. Será beneficioso para o conxunto da veciñanza; por unha banda, para gozar e coñecer o noso patrimonio material e inmaterial e pola outra, para aforrar un diñeiro e poder usalo noutras partidas necesarias” insiste Ledo “o único que sabemos é que no 2023, a octava poboación galega segue sen ter un museo”

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …