O BNG de Ferrol solicita que a declaración institucional do 25N se leve ó consello da muller

O BNG de Ferrol acusa ao goberno local de «privar ao Consello da Muller de facer propostas á Declaración Institucional do 25N, día internacional da eliminación da violencia machista, e esixe aue se convoque este organo de participación antes de aprobar este documento no pleno»

María do Mar López, concelleira do BNG, indicou que «non existe ningunha escusa para que este texto poida ser debatido no Consello da Muller, só o nulo interese do goberno local polo dialogo co tecido asociativo da cidade» e que «é tradición que os colectivos de mulleres da cidade participen ou cando menos avalen este tipo de declaracións, polo que resulta inexplicábel a negativa do goberno municipal a convocar o Consello da Muller»

O BNG, por estes motivos, na comisión votou «en contra da proposta de Declaración Institucional do 25 N, por non terse levado ao consello da Muller, organo consultivo e participativo e que no mesmo se puideran facer as achegas oportunas»

«Dende o noso grupo xa solicitamos o xoves pasado dia 2 de novembro que se convocase e se levara esta declaración ao consello da muller, pero o goberno municipal decidiu continuar coa súa aprobación sen pasala polo consello da muller, nin terse convocado dito consello»

O BNG «propúxolle ao goberno municipal diversas alternativas que se atoparon co rexeitamento do mesmo. Entre elas convocar o Consello para esta semana ou que se fixera un pleno extraordinario só para a aprobación desta Declaración convertendo ese pleno nun acto máis dos que se van celebrar no marco das actividades do dia 25 e das que aínda non temos coñecemento algún»

O BNG «censura a actitude recorrente deste goberno de utilizar o rodillo en todas as ocasións e non deixar participar a cidadanía. Este comportamento é contrario ao que este goberno na oposición facía, que solicitaba canda nós que se convocasen os consellos da muller para que fixeran as súas achegas»

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …