Se asinan en Fene os convenios das subvencións nominativas culturais e de deportes

O alcalde de Fene e representantes de varias sociedades culturais e deportivas do termo municipal asinaron os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2023.

Convenios que ascenden a un total de 50.000€, dos cales 38.500€ son para as entidades culturais, 6.500€ para as ANPAS e 5.000€ para as entidades deportivas. Con anterioridade, xa foran asinados os convenios coas sociedades Felicia Asociación Cultural e AC Centolos (para o Felipop Festival e o Fenerock, por un importe de 11.000 € para cada un deles)

Con estas aportacións, o Concello de Fene pretende apoiar o labor destas entidades para a organización dos seguintes eventos:

Slalom Fene (Club Escudería Scratch Fene): 5.000 €
Festa da Ameixa (SCRD O Pote de Maniños): 1.000 €
Romaría do Pote (SCRD O Pote de Maniños): 3.000 €
Festa do Poldro (AVV. San Xurxo de Magalofes): 1.200 €
Festa da Orella (AVV Santa Eulalia de Limodre): 1.200 €
Premio Pérez Parallé (CMI unidade de Fene): 3.600 €
Xuntanza de Gaiteiros (Airiños de Fene): 4.500 €
Festa do Langostino (CPS de San Valentín): 1.000 €
Romaría do Camiñante (Liga de Amigos de Barallobre): 1.000 €
Comedor escolar (ANPA CEIP Centieiras): 3.000 €
Comedor escolar (ANPA CEIP Os Casais): 3.500 €

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …