A mañá da segunda xornada de Pontedeume Vila do Libro, este sábado, día 23, superou todas as expectativas de participación, cunha afluencia masiva de público que encheu os diferentes escenarios e espazos habilitados para as actividades do festival literario.
Dende as 12.00 horas da mañá ata altas horas da noite, a vila histórica do Eume convertese nunha auténtica praza pública de ideas, historias e creación colectiva.
Momento álxido coa presentación da expedición Balmis
A xornada arrancou co relato histórico de María Solar sobre os»222 anos da Expedición da vacina: a extraordinaria aventura dos nenos da varíola», que cautivou ao público co fascinante relato da expedición Balmis, un fito na historia da medicina mundial. O acto, celebrado no Escenario Couceiro Freijomil, marcou o ton dunha xornada na que a divulgación histórica tivo un papel protagonista.
Xornalismo e literatura, a palabra como oficio
Posteriormente, o diálogo «Xornalismo e literatura: a palabra como oficio» reuniu aos periodistas e escritores Marta Villar, Nico Vidal, Vicente Araguás e Iago Ebrero, quen moderou o faladoiro. O debate profundizou nas fronteiras difusas entre ambas disciplinas e na importancia da palabra como ferramenta de comunicación e arte.
Tarde intensa para todos os públicos
A programación vespertina despregará agora unha oferta diversa que abarca dende o público infantil ata os amantes da poesía máis comprometida. O contacontos «Lola Feroz!«; de Juan Baquero no Xardín do Chafarís deleitará aos máis pequenos cun relato renovador dos contos clásicos.
En paralelo, Pedro Feijoo compartió no diálogo «Os libros da miña vida» as súas influencias literarias e vicios de lectura nunha conversa íntima moderada por Iago Ebrero, mentres que os escritores da Asociación Galega de
Escritores (AGER) gozaron dun micro aberto no Escenario Os Camiños do Libro para presentar as súas obras ao público.
Música, poesía e teatro para pechar a xornada
O final da tarde, momentos de especial intensidade artística. Silvia Penide presentou o seu espectáculo musical «Onde está Otti?»no Xardín do Chafarís, interpretando cancións inspiradas no seu libro infantil, mentres que no
Escenario Da Leña se abordouse «A influencia da paisaxe na literatura galega» con escritores vinculados á asociación FerrolTerrra.
A noite alcanzou o seu punto culminante con catro propostas simultáneas que amosaron a riqueza e diversidade do programa. O diálogo «Violencia, vinganza, sororidade» con Emma Pedreira, Antía Yáñez e Ara de Narón para abordar a violencia contra as mulleres dende a literatura, mentres que na Casa da Cultura
presentouse «Nao cetácea: unha homenaxe ao mar» con Xosé Iglesias e Pablo Quintana.
O recital poético «As alas da serpe e outras historias»de Sol Mariño propuxo un percorrido pola súa obra poética, e a xornada pechou co espectáculo teatral «Seis. Lorca en Galicia» con Tamara Andrés, Rafa Fernández e Adriana Páramo, unha homenaxe audiovisual aos seis poemas que Federico García Lorca escribiu en galego.
Éxito da participación comercial e veciñal
Ademais da programación oficial, o concurso de emoticonas nos 18 comercios locais da asociación UCOA Pontedeume está a rexistrar unha gran participación, con numerosos visitantes tratando de descifrar os títulos literarios representados mediante xeroglíficos nos escaparates das tendas.
As librerías efémeras instaladas en locais cedidos pola veciñanza están tamén a manter un fluxo constante de visitantes, consolidando a simbiose entre cultura e dinamización económica local que caracteriza ao proxecto Vila do Libro.
Cara ao domingo: Castelao e a clausura do festival
A xornada dominical, última do festival, renderá homenaxe a Castelao no 75º aniversario do seu falecemento, cunha conferencia de Xesús López Piñeiro sobre «O arte de Castelao» e un diálogo sobre «Castelao: exilio e pensamento político»con Juan Galán e Manuel Rei.
Neste último día de Vila do Libro teremos a oportunidade tamén de asistir ao diálogo ‘A boa saúde da novela criminal en Galicia’ con Arantza Portabales, Blanca Riestra, Henrique Dacosta e Pablo J. Rañales.
O festival clausurarase ás 21.30 horas no Escenario Os Camiños do Libro co espectáculo poético «Flúor significa escuridade» de Nuria Vil.
Un referente consolidado
Tras dúas xornadas de intensa actividade cultural, Pontedeume Vila do Libro consolídase como un referente no calendario cultural galego, demostrando a capacidade do libro e a literatura para dinamizar territorios, crear comunidade e xerar riqueza cultural e económica.
O festival, organizado polo Concello de Pontedeume e Vila do Libro coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, confirma que «os libros fan camiño» e que
Pontedeume é xa, definitivamente, a primeira Vila do Libro de Galicia.