A Deputación da Coruña concede 131.300,81€ á distribución de filmes en galego

O departamento de cultura da Deputación da Coruña aprobou a concesión de 131.300,81€ euros para subvencionar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega (en VO, VOSG ou dobraxe ao galego) na provincia da Coruña durante o ano 2023.

Así, subvenciona a un total de 15 empresas de produción e distribución de filmes en galego, entre os que se atopa o recén estreado “O Corno, que recibe 17.500€, o importe máximo da subvención. A película de Jaione Camborda, gañadora da Concha de Oro no Festival de San Sebastián, exhíbese na provincia dende o pasado 11 de outubro. O mesmo importe destínase tamén aMatria, de Álvaro Gago Díaz.

Este apoio da entidade provincial forma parte dunha liña de traballo da área de cultura, que busca promover a difusión da lingua e da cultura do país a través da exhibición dos filmes en galego.

“A produción audiovisual é un sector estratéxico, clave para a difusión da nosa cultura, que nos últimos anos viviu un proceso de gran esplendor” destaca a deputada de cultura, Natividad de Jesús González. “Dende a Deputación queremos apoiar os novos talentos que irrumpiron no cinema galego e facilitar a proxección destes contidos que adoitan ter maiores dificultades de exhibición nas salas convencionais”, engade.

A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 27 de outubro.  

 

Lea también

A Confraría de Pescadores de Ferrol convoca o I Concurso de Debuxo da IV Festa do Marisco

Poderán participar escolares de Ferrolterra, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. …