Axenda en Narón do 18 ao 22 de outubro

Mércores 18 de outubro de 2023

Actividade: “Babá Bebé” Lugar: Centro Cívico Social de San Xiao Hora: 17.00

O Concello programou a través do programa Apego, de socialización de nenos en galego, esta proposta para menores. A asistencia require inscrición previa.

Actividade: Presentación do libro “El secreto de Andrea” Lugar: Biblioteca municipal Hora: 18.30

A escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo presentará nas instalacións da Biblioteca municipal a publicación. A actividade enmárcase nos actos conmemorativos do Mes da Biblioteca e a entrada é de balde, ata completar a capacidade da sala.

Actividade: “La vida de Brian” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20.00

O Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, “Cine eterno”, sobre películas que fixeron historia. Nesta xornada poderase ver o filme “La vida de Brian”, de George Terry Jones-Monty Python. A entrada é de balde.

Venres 20 de outubro de 2023

Actividade: “XVI Torneo de golf Cidade de Narón” Lugar: Club de golf Campomar (O Val) Hora: 15.00

O Concello e o Club de Golf Campomar organizan este evento, no que haberá varios premios e sorteos de agasallos entre os participantes.

Actividade: “Espazo xove” Lugar: Casa da Mocidade Hora: De 17.30 a 20.30

O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Nesta xornada haberá un torneo gaming. A entrada é de balde.

Actividade: Presentación da Biblioteca veciñal de San Mateo Lugar: Centro Cívico Social de San Mateo Hora: 19.00

A Agrupación Veciñal de San Mateo abre á veciñanza a Biblioteca veciñal da parroquia, unha iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Narón.

Sábado 21 de outubro de 2023

Instalaciones del Club de Golf Campomar | Club de Golf Campomar

Actividade: “XVI Torneo de golf Cidade de Narón” Lugar: Club de golf Campomar (O Val) Hora: 9.00 e 15.00

O Concello e o Club de Golf Campomar organizan este evento, no que haberá varios premios e sorteos de agasallos entre os participantes.

Actividade: “Espazo xove” Lugar: Casa da Mocidade Hora: De 17.30 a 20.30

O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Esta xornada estará adicada aos board games. A entrada é de balde.

Actividade: “Radio Vintage-Xira 2023” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20.00

A formación Tennessee presenta en Narón este espectáculo musical, no que interpretarán cancións propias e outras adaptadas ao español de clásicos do rock. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodacultura.es.

Domingo 22 de outubro de 2023

Actividade: Ciclo “Tempo de música” Lugar: Local social da Picota (O Couto) Hora: 18.00

O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños do Couto na organización deste evento, que este ano alcanza a súa trixésima edición. Nesta xornada actuará a Coral Polifónica de Santa María de Cambre. A entrada é de balde.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …