Tivo lugar a presentación en Foz do Campionato Xunta de Galicia de Campo a través por clubs que para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 e remudas mixtas, levarase a cabo este domingo día 22 no circuito do Pavillón dos Castros a partir das 10.30 horas baixo a organización do C.A.Atletismo Ría de Foz e da Federacion Galega de Atletismo.
Na mesma estiveron presentes representates de Concello de Foz, Xunta, colaboradores e Federación Galega a través do seu presidente Iván Sanmartín e do vicepresidente Suso Vázquez.
Presenza de atletas importantes
Para este primeiro gran campionato invernal, contarase con preto de 300 atletas encadrados en 55 conxuntos en representación dos clubs ADAS CUPA, A.D.Fogar, A.F.Celta, A. Viguesa Atletismo, Atlética Lucense, C.A.Sada, C.A.Santiago, C.A.Millaraio, C.A.Ría de Foz, C.A.Ribadeo, C.D La Purísima, Comesaña S.C., Ferrol Atletismo, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo, Riazor Coruña, S.D.Compostela Atletismo e Sociedad Gimnástica.
A nivel individual está confirmada a asistencia a Foz de importantes figuras do atletismo galego e estatal. Entre as mesmas estará a internacional Xela Martínez da Atlética Lucense quen anunciaba recentemente a súa marcha á universidade estadounidense de Carolina do Norte. Xunto á lucense tamén estarán presentes a campioa de España Sabela Castelo como atleta filial da Gimnástica na Sub16, Amparo Corredoira da Atlética Lucense na Sub18 ou Teo de Frutos do Lucus na Sub18 por citar algúns
A nivel de equipos o ADAS CUPA aspira a repetir na categoría absoluta e de remudas mixtas, os títulos logrados o ano pasado para o cal terá tanto a Iria Fernández, María Cedrón e Akka Essaadaoui como primeiros espadas dos seus respectivos equipos.
No resto de categorías a Atlética Lucense intentará reeditar oa campionatos Sub18 en ambas categorías e a Sub16 feminina logrado o ano pasado.
Algo máis aberto estará a priori o podio Sub16 masculino na que o A.D.Fogar terá que medirse nada menos que aos importantes clubs de La Purísima, Sada, Riazor, Gimnástica, Compostela e AVA si desexa revalidar título.
Pistoletazo de saída á tempada invernal
Ca disputa deste primeiro campionato importante da tempada, ponse o punto de inicio a toda unha serie de competicións autonómicas que estarán básicamente centradas no campo a través e na pista cuberta e que marcarán a axenda neste treito invernal da tempada.