Narón celebra este xoves un concerto do “Día das artes galegas 2023 Martín Códax”.

O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Real Academia Galega de Belas Artes na organización do concerto do “Día das artes galegas 2023 Martín Códax”. A cita terá lugar este xoves, día 5, no Pazo da Cultura, a partir das 20.30 horas e a entrada é libre ata completar a
capacidade das instalacións.

A soprano Clara Jelihovschi estará acompañada ao piano por Margarita Viso neste concerto, que presentará Juan Durán, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. As Cantigas de Martín Códax, unha versión para canto e piano de Margarita Viso; Soedades, de Marcial del Adalid a partir dun texto popular; As lixeiras anduriñas, de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; Cantiga, de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e Mayo Longo, de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro forman parte da
programación deste evento.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …