O Auditorio municipal acollerá este sábado o “XIX Certame de Habaneras de Narón”

S.C. Areosa

O Padroado da Cultura de Narón colabora un ano máis coa Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, na organización do Certame de Habaneras de Narón. A cita, que alcanza este ano a súa vixésimo novena edición, terá lugar o vindeiro sábado, día 7, nas instalacións do
Auditorio municipal, a partir das 18.00 horas.

As formacións corais que actuarán nesta edición serán as de Endesa (As Pontes), Virxe do Mar (Cedeira), Airiños de Caranza (Ferrol), Trasdeza (Silleda) e Areosa (Narón).

A entrada ao certame é de balde, podendo asistir todas as persoas que o desexen ata completar o aforo do Auditorio municipal.

Lea también

Narón acolle a feira de productos de comercio xusto #AquíeAcoláOXusto

O concello acolle unha feira de produtos de comercio xusto no marco da campaña Aquí …