O ciclo “Cine eterno” continúa este mércores no Pazo da Cultura coa proxección da película “El apartamento”,

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mércores a terceira das seis proxeccións programadas con motivo do ciclo “Cine eterno, películas que fixeron historia”, impulsado polo Cineclube Serie B en colaboración co Padroado da Cultura e da Federación de Cineclubes de Galicia. Esta semana poderase ver ás 20.00 horas o filme “El apartamento”, de Billy Wilder.

O protagonista desta película é o empregado dunha compañía de Manhattan, solteiro e que presta o seu apartamento aos seus superiores para as súas citas amorosas, coa esperanza de que eles lle correspondan para mellorar a súa situación laboral. Será unha muller, amante dun dos xefes, a que fará que a situación experimente un cambio radical nesta historia.

A vindeira cita será o 11 de outubro, cando se proxectará “El golpe”, de George Roy (1973), e o ciclo continuará o día 18 con “La vida de Bryan”, de Terry Jones (1979) , para rematar o 25 deste mes coa película “Lost in translation”, de Sofía Coppola (2003).
A entrada a este ciclo de cine é de balde.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …