Ángel Mato Escalona, Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol, no seu propio nome e en representación do seu grupo, na fase de exposición pública dos orzamentos 2023 aprobados inicialmente no pleno do pasado 25 de agosto, ao amparo do previtisto no artigo169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Ley Reguladora de las Haciendas Locales e no artigo 18.4 do Real Decreto 500/1990, presentou as seguintes
RECLAMACIÓNS
Ampliación do capítulo 9 na póliza de crédito par cubrir o importe dos seguintes
 investimentos:
Proxecto de mellora da eficiencia enerxética no Cantón de Molíns
 Reurbanización da Praza de Galicia
 Reurbanización das rúas María e Magdalena
 Proxectos de eficiencia enerxética da zona rrural
 Skatepark de A Malata.
 Recuperación do Centro Comercial de PortaNova, coa implantación do
 Coworking e a oficina de SEPE.
 Recuperación da Praza Vella.
 Recuperación do cuadro de Esteiro
 Reurbanización do entorno da casa do Patín.
 Reurbanización rúa Taxonera.
 Beirarrúas de Alegre e reurbanización de Fleming en Canido
 Mantemento do orzamento para a reurbanización rúa Nova de Caranza- Manuel Belando
 Reurbanización do primeiro quilómetro da estrada de castela
 Recuperación do Castelo de San Felipe
 Rúa G en Caranza
 Aglomerado camiño C31 e C31A en Cobas
 Repavimentación do camiño C4 tamén en Cobas
 Aglomerado Estrada catabois, entre rúa Carballo e FE13
 Camiño dá Cruz. En Brión
 Mellora de eficiencia enerxético
 Proxecto cadro de Esteiro
 Reurbanización Coruña/Rubalcava
 Execución do PMUS
 Mantemento do orzamento para o mercado de Recimil
 Arranxo do local social de Covas
Arranxo local social AVV San román de Doniños
 Arranxo do centro cívico de Caranza
 Renovación pista deportiva de Serantes
RECLAMACIÓN 2
O Artígo 166.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRHL especifica os ANEXOS que deben acompañar ó orzamento, e no aprtado b especifica: “b) Los programas anuales de actuación, inversiones y financiación de las sociedades mercantiles de cuyo capital social sea titular único o partícipe mayoritario la entidad local” .
«Os programas anuales de actuación, investimentos e financiación da empresa mixta EMAFESA non constan no orzamento, nin da documentación que acompaña a dito documento, polo que podería considerarse que a documentación do orzamento é incompleta o tratarse dunha empresa de economía mixta cunha participación municipal do 51%, polo que consideramos que se incumple o citado artigo, invalidando o documento»
RECLAMACIÓN 3
«Incremento da partida de Benestar Social 040012311022799 “Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais”, dotada na proposta de orzamentos de 2023 con 10.000 euros, ata chegar aos 40.000 euros, transferindo a partida de 30.000 euros procedente de Alcaldía, da partida 0101001912122799, para continuar co plan de acción do Concello de Ferrol como municipio amigable coas persoas maiores, e seguir avanzando nas obrigas e compromisos que marca a Organización Mundial da Saúde»
RECLAMACIÓN 4
«Incluir na área de gasto correspondente de Benestar Social unha partida específica de 50.000 euros para concretar e desenvolver o plan de intervención sociocomunitario nos barrios de San Pablo e Recimil. Para iso, propoñemos minorar a partida 04001231522799 de “Otros trabajos realizados por otras empresas y profesionales” en 50.000 euros (está dotada con 100.000 euros) e crear o subprograma correspondente»
RECLAMACIÓN 5
Redacción do proxecto de reparcelación para o Sánchez Aguilera para engadir no capítulo 9 na póliza de crédito.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			