A Biblioteca de Narón acolle o espectáculo “O medo é libre” de Ángeles Goás

As instalacións da Biblioteca municipal de Narón acollerán o vindeiro 22 de setembro un espectáculo de narración oral dirixido a público adulto, a partir de 14 anos.

Así o avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicando que a narradora oral Ángeles Goás será a protagonista desta convocatoria, co seu espectáculo “O medo é libre”.

A cita dará comezo ás 19.30 horas e a asistencia é libre, ata completar a capacidade da sala.

O medo será o tema común das historias que escoitará o público que acuda, unha emoción que todas e todos experimentamos nalgún momento das nosas vidas. Durante o espectáculo, Ángeles Goás ofrecerá unha selección de contos propios e outros recollidos da tradición oral, tendo en común todos eles que son historias de vida que nos falan dos medios que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan.

Na actividade, cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do programa “Ler conta moito”, o público poderá decidir que grao de liberdade quere darlle aos medos, que non teñen a última palabra.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …