Os postos de venda do feirón da Solaina instalaranse este domingo nas rúas Clara Corral e Xosefa Iglesias

As Concellerías de Feiras e Mercados e SPEIS de Narón, dirixidas por Mar Gómez e José Oreona, respectivamente, anunciaron o cambio de ubicación do feirón que mensualmente se celebra na Solaina.

O vindeiro domingo, día 3, terá lugar unha nova xornada que con motivo das obras de humanización que se acometen na avenida da Solaina levou a trasladar a ubicación ás rúas Xosefa Iglesias e Clara Corral, entre a zona da avenida de Santa Icía e as instalacións do pump truck. Dende o Concello enviouse unha comunicación aos titulares de cada un dos 85 postos que se instalan habitualmente neste feirón para informalos do cambio, adxuntando un plano no que poden ver, segundo a numeración establecida, en que espazo teñen que instalarse cada un deles.

Roupa, cestería, calzado, embutidos e outros produtos de alimentación, un posto de venda de polbo e churrasco… estarán entre eses postos que habitualmente acoden ao feirón mensual que se celebra nesta parroquia da cidade.

Lea también

O 37 Rally Cidade de Narón arrinca este venres día 23

Un shakedown pola parroquia de San Xiao e a cerimonia de saída abren este venres …