O Padroado da Cultura de Narón abrirá este venres o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais

O Padroado da Cultura abrirá este venres, día 1 de setembro, e ata o 23 do mesmo mes o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais.

As persoas interesadas en acudir deben inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806) ou a través do correo electrónico: mc.blanco@naron.gal , tal e como explicou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. As clases do vindeiro curso iniciaranse o 2 de outubro deste ano e rematarán o 30 de maio de 2024.

Entre a oferta das Escolas Tradicionais están as clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Acordeón e Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está O Recuncho dos Pequechos. Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas, donde hai novamente dúas opcións: Teatro (a partir de 4 anos) e Debuxo (a partir de 6 anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. No Padroado da Cultura tamén se ofrecen clases de Bailes de salón (a partir de 4 anos).

O prezo de cada unha destas actividades é de 63,10 euros por curso a excepción de bailes de salón, que é de 31,60 euros por matrícula e unha cota de 15 euros ao mes e do segundo e terceiro curso da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso. As persoas que teñan tres matrículas ou máis e a unidade familiar na que se realicen tres ou máis matrículas poderán acollerse ao fraccionamento de pago, aboando o 50% no momento da matrícula e o 50% restante entre o 1 e o 15 de decembro deste ano.

O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de outubro deste ano, en horario de 9.00 a 13.30, tal e como se indicou.

Lea también

Nace la «Asociación de Amigos do Museo da Cidade de Ferrol» con el objetivo de impulsar su creación

La presidenta de la recién creada ‘Asociación de Amigos do Museo da Cidade de Ferrol’, …