Programados cortes no subministro eléctrico en Narón nos próximos días

A empresa Grupo Naturgy comunicou ao Concello de Narón varias interrupcións no subministro eléctrico programadas para realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona rural da cidade.

Na xornada deste xoves 24 os cortes afectarán entre as 4.00 e as 6.00 horas ás seguintes rúas ou lugares: O Cruceiro, Quinta, Camiño da Igrexa, Sinde, Vilacornelle e Camiño do Rego.

As restricións no subministro continuarán este venres día 25, de 0.00 a 2.00 horas en Filgueiras, Foxo, O Vento, Sinde e Vilacornelle. Ese mesmo día, dende as 4.00 ata as 6.00 horas os cortes rexistraranse en Borrallada, Campo das ratas, Camiño da Chousa, Costa e Fernande.

A vindeira semana están anunciados tamén por parte da compañía eléctrica cortes no subministro o vindeiro luns 28 na rúa Afiadores, de 4.00 a 6.00 horas e o 31 na dos Ferreiros, entre as 2.00 e as 4.00 horas, en ambos casos na zona do polígono de Río do Pozo.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …