Perla Mural Fest: Fene acolle un Festival de Muralismo

«A idea xurde de un veciño de Fene de toda a vida, chamase Ramón Pereira, moi coñecido na bisbarra, somos compañeiros de traballo aquí ao lado en Navantia Seanergies, pertencemos a unha das auxiliares que prestan servicio ahí dende hai mais de unha década«. (Contado por Alberto González)

«Un bo día él estaba recen operado de un xeonllo e me chama que me ten que comentar algo serio se podemos quedar para falalo. Eu ao principio asusteime, por qué e unha persoa que está todo o día de troula, e non esperaba por donde ia a sair»

«El definese como un vello dinosaurio anti tecnoloxias (de feito temos un grupo de whats e ainda estamos a esperar a sua primeira mensaxe) enton me di se lle podo votar unha man, quero facer un festival e adicarllo a sala perla, a sala perla foi un emblema cultural social e musical de Perlio en Fene, durante as décadas dos 60 a os 80. Foi cine, salón de fiestas, e cafetería. Moitos artistas de nivel nacional de aqueles tempos pasaron por ela. E era punto de reunion da sociedade da comarca. Desgraciadamente hoxe non existe, pois na década dos 90 foi derrubada»

«E de ahí comezamos a darlle forma a o que hoxe vai ser o primeiro Perla Mural Fest. Tentamos que sexa algo cultural, social e musical»

«Ramón e un tipo dos que cruza a calle sin mirar, esto as veces e perigoso, e as veces hai que votarse adiante, e eu son unha mezcla de indecisión e votado adiante a partes iguales, enton como se nos facia moito para os dous, e podíamos chocar en decisions, falamos con Fran Lage para que nos botase unha man tamen, Fran e dos que mira 3 veces antes de cruzar, e se asegura unha cuarta por se acaso, moi bo rapaz e super currante»

«Eu son a balanza que equilibra está mezcla e formamos un equipo xenial. Con moito soños por cumprir e moitas cousas por aprender. O que non erra e por qué non o intenta. Isto e a asociación Perla Mural Fest»

«Puxemonos a recabar información para ter unha idea, contactamos con muralistas, galegos, nacionais e internacionais para indagar como son os procesos e custos, o que se move no mundo da pintura urbana. E percorrimos a bisbarra buscando fachadas con amplia visibilidad, reunindonos con comunidades de veciños e con propietarios, que miraban pra nos desconfiados e extrañados, pero que unha vez lles expoñiamos a nosa idea e o desarrollo, foron mudando as caras por ilusion e ledicia, podiase ver no brillo dos ollos de moitos deles sobre todo os mayores de 50 anos, lembrar tempos pasados de mocidade na sala perla»

«Por eso facemos unha mención especial a todos os veciños de Fene, por escoitarnos, apoiarnos e animarnos, ademáis de ceder as suas fachadas, ainda que temos moitisimas cedidas, este anho por ter o tempo muy xusto, por trámites e sobre todo por falta de cartos e medios, so vamos a facer 3 muráis, que se realizarán na rua da fraga perto do cruce con marqués de Figueroa, detrás da praza verde e cerca do Bombay»

«Transmitirlles ao resto que nos cederon as suas fachadas que isto non remata aquí, so e o comezo. E que nada mais remate este primeiro Perla Mural Fest, poremonos a traballar para que o vindeiro anho, sexa mais e melhor, dandolle continuidad e calidad ao próximo festival»

«Por eso facemos un chamamento a toda a hostaria, comercio, administracios,asociaciós industria e entidades en xeral, colaboración e participación»

«Falando con a corporación do concello e observando que a todos lles gustaba a idea e a boa predisposición, fixemos unha proposta a o concello, na que traballamos conxuntamente, ademáis da colaboración de veciños, e o esforzó de alguns empresarios da hostalaría ,comercio e negocios en xeral, cada un aportando na medida das suas posibilidades, sabendo qué non estamos no mellor momento trala pandemia e outras catástrofes globais»

«Entre todos sumando esforzos, vamos conseguir sacar este soño adiante, non sin sacrificio seriedade e traballo. Ademáis da implicación da bisbarra, temos un amplio marxe de mellora e queremos devolver a Fene o espíritu dos tempos da sala Perla e o lugar que merece, aproveitando coma naqueles tempos o auge da Factoría antes Astano, hoxe en día Navantia Seanergies referencia mundial na eólica marina offshore, e que ten que repercutir no crecemento da comarca en xeral e de Fene en particular. Laboral, social e culturalmente»

Mencions especiais. «A todos en xeral polo seu esforzó e colaboración,non caberian neste texto.

«Mencionaremolos nas nosas redes insta e face»

«E en particular a Fundación Isidro Silveira, qué non so deixou un legado social e deportivo na comarca, se non que o transmiteu tamen os seus fillos e achegados, que dende o minuto un fixeron todo o posible por colaborar con nos e brindarnos seu apoio. Moitas grazas»

«Mención especial a o Grupo Teimper Gairesa, con unha das suas delegacios en Fene, na que leva asentada varias décadas, xerando relevancia a nivel nacional con os seus productos e xerando empleo e riqueza na bisbarra. Tamen colaboraron con nos dende a primeira conversa. Moitas grazas»

«Mencion especial a SOOS maquinaria pola sua colaboración atención e trato, facendo un esforzó tamen por colaborar con nos. Do cal estamos moi agradecidos. Moitas grazas.

E una mención especial para o CDR de Perlio, por axudarnos e apoiarnos con as suas instalacions»

«E mencion especial os locales de hostaleria, que van a facilitar que a os nosos muralistas non lles falte de comer»

«Tutto, Roiben, e Mar e Terra»

Muralistas

Ruben Paz (treze trazos) 32 años. Lugo.

Xa aos 17 anhos comezaba a sua inquietude por transformar paredes en obras de arte e hoxe en día mais de unha década despois, gañase a vida con o seu traballo artístico. Temos o prazer de que este anho comparta con nos seu arte, perto do Bombay. Os días …..

Virginia Bersabé 33 años. Córdoba.

Licenciada en belas artes pola universidade de Sevilla e un Máster en idea e producción. O eixo central das suas obras e a muller maior, con diferentes premios e recoñecementos e obras expostas polo mundo enteiro. Poderemos disfrutar da sua imaxinacion e visión tras a praza verde.

Hugo Lomas (SFHIR) Madrid 42 años.

«Os seus inicios a os 14 años cando o expulsan do instituto por ser descoberto pintando con sprai, de volta as aulas seu Mestre de arte inponlle unha paradoxica sanción, repetir a mesma obra esta vez no muro do instituto e coa aprobación do centro»

«Seu logo: Buscase por arte ilegal dende 1995. Sfhir»

«Non e a primeira vez que está pola comarca, deixando traballos espectaculares e deixando grato recordó ala donde vai. Artista internacional. Unha frase nun tren neoiorquino deixouno marcado para sempre: So sei que non podo parar.»

«El e seu equipo realizarán os seus delirios artísticos de beleza na carretera da Fraga con Marqués de Figueroa»

«Agradecerlles a todos eles o esforzó que fan por estar con nos, sabemos o gran sacrificio e o custo, e so nos queda facerlles o mais cómodo e ameno o tempo que duren os seus traballos e estar a sua disposición para o que precisen. E pedirlles perdón, por qué estamos iniciando un longo e duro camiño e seguro erraremos moitas veces»

«Moitas grazas»

Lea también

Brillante inauguración en Exponav del 42º Salón de la Mujer en la Pintura de la Sociedad Artística Ferrolana

Inaugurada la 42ª edición del tradicional Salón de la Mujer en la Pintura de la …