Estes sábado e domingo xornadas dedicadas ao pemento do Couto en Naron

A concelleira de Promocion Económica do concello de Narón, Olga Ameneiro,  deu a coñecer a programación da XXIII Festa gastronómica do Pemento do Couto  que inclúe unha completa xornada para o domingo 9 de xullo, e tamén un acto para a xornada previa á degustación, xa que o sábado, día 8, terá lugar no centro cívico social do Couto unha demostración culinaria a cargo de Adrián Pérez, xefe de cociña do restaurante Sinxelo.  A convocatoria, aberta á participación da cidadanía en xeral –ata completar a capacidade da sala-, dará comezo ás 19.00 horas, e na mesma realizaranse diferentes elaboracións con pementos do Couto como ingrediente principal.

O Concello de Narón organiza esta festa coa colabouración da AVV do Couto, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e a Cooperativa do Val, entidade esta última que cederá os 250 quilos de pementos do Couto que se cociñarán este domingo. Elvira Fontán, integrante da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, será a encargada de conducir o acto que se levará a cabo o día 9 no centro cívico social do Couto, onde a partir das 13.00 horas, o prestixioso e televisivo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras se encargará de ler o pregón desta cita.

Unha vez rematado o pregón, sobre as 14.00 horas, dará comezo a degustación gastronómica, cun menú a base de pementos do Couto, churrasco, cachelos, pan, auga, viño, café ao tizón e sobremesa. Os tickets poden adquirirse a prezos populares no Centro Cívico Social do Couto –de 18.00 a 23.00 horas de luns a domingo-, ou chamando ao número de teléfono 981 390 778 e no caso de que non se esgoten poderanse adquirir o propio domingo antes do xantar no centro cívico social do Couto.

A programación festiva continuará pola tarde, e a partir das 16.30 haberá un baile amenizado polo Dúo Aixa e de 17.00 a 19.00 xogos populares na carballeira do Couto.

Lea también

Narón celebra unha charla sobre o coidado da saúde mental

A concelleira de Benestar Social e Igualdade de Narón, María Lorenzo, anunciou a próxima celebración, …