Marián Ferreiro Díaz revalida o seu cargo como alcaldesa de Narón e compromete todo o seu esforzo para levar a cabo “o noso proxecto de cidade”

Marián Ferreiro Díaz foi investida na mañá deste sábado, día 17, alcaldesa de Narón no pleno extraordinario celebrado ao mediodía, ás 12.00 horas, no Consistorio. Ferreiro revalida o seu cargo e continúa á fronte da Alcaldía, cargo que ostentou nos últimos seis anos, revalidando unha maioría do apoio das naronesas e os naroneses que o pasado 28 de maio concederon a TEGA dez dos vinte e un edís da corporación local, cun incremento de votos con respecto ao 2019. A alcaldesa da cidade colleu de novo o bastón de mando e dedicou as primeiras palabras da súa intervención aos compañeiros e compañeiras de corporación, aos que deu a benvida. Foi elexida cos dez votos de Tega mentras o resto dos partidops votaronse asimismos.

A continuación a alcaldesa agradeceu o traballo do seu equipo, do persoal municipal e o apoio das naronesas e naroneses, que deron a TEGA nos pasados comicios locais case o 45% dos votos. “Falaron claro e situáronnos unha vez máis como primeira forza política de Narón”, recalcou. Ferreiro falou tamén da súa familia, á que agradeceu o seu “apoio incondicional estes últimos seis anos. Grazas por tanta comprensión coas ausencias, por tanto ánimo cando algún día as forzas fallan e por tanto cariño cando as amarguras do cargo se fan presentes. Sen vós non sería posible”, asegurou.

Na súa interevención dirixiuse tamén aos integrantes das restantes formacións políticas da corporación local, apelando ao diálogo “como ferramenta coa que construír consensos sempre que supoñan dar pasos para lograr un mellor Narón: máis humano, accesible, eficiente, inclusivo, igualitario, que poña as persoas e a calidade de vida no centro. O diálogo e unha responsabilidade consustancial ao cargo que hoxe asumimos».

En canto aos grupos da oposición, Ferreiro manifestou públicamente a súa “predisposición a escoitar e tomar en consideración as vosas achegas, ideas e suxestiónssempre que sexan positivas para o conxunto da veciñanza. Esa será a única línea vermella que marcaremos, pero será unha liña infranqueable. Desde este grupo defenderemos contoda firmeza os intereses de Narón, incidindo na importancia de contar cunha oposición “construtiva, predisposta e leal dentro do marco da lóxica e lexítima discrepancia política”.
A alcaldesa destacou que Narón é un pobo “ que se sinte orgulloso de vivir nun lugar que demostra a capacidade transformadora da política cando se entende como o que debera ser sempre: vocación de servizo público”. A continuación, incidiu no feito de que “Narón merece que continuemos este proxecto que está máis vivo que nunca, mirando sen complexos e cara a cara ao futuro, sabendo que contamos con sólidas bases nas que apoiarnos”.

Continuar avanzando nunha cidade máis humana, que priorice o benestar social e a calidade de vida das veciñas e veciños e que siga sendo o motor económico da comarca foron algunhas das cuestións de futuro ás que aludiu a alcaldesa. “Pola miña parte, podedes estar seguras de que dedicarei todos os meus esforzos a levar a cabo este proxecto de cidade con honestidade, lealdade e vocación de servizo público. Este é o compromiso que hoxe adquiro convosco e con cada veciña e veciño de Narón”, subliñou ao Ferreiro para rematar a súa intervención.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …