Olaia Ledo e Néstor Rego defenden o patrimonio naronés

 
O BNG de Narón presentou a súa proposta para a recuperación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial galego acompañados do deputado Néstor Rego. O Muíño das Aceas foi declarado de interese xeral polo goberno español a través funha iniviativa dos nacionalistas hai dez anos e, hoxe o BNG, comprometeuse a reclamar inversión para un proxecto museístico agora que foi adquirido polo concello grazas a unha moción municipal do BNG.
 
“Temos un patrimonio material e inmaterial enorme pero precisa ser posto en valor. Temos que sacar a cultura de un edificio e traballar pola cultura do pobo. Ter un posto de información turística en Xuvia e arranxar debidamente a contorna dos nosos muíños por onde pasan, non só o camiño inglés, se non tamén o de santo André, aínda máis antigo” declara Ledo. 
 
“Con Olaia como alcaldesa gañará todo Narón porque ademais se as preocupacións de Narón chegaron a todas partes como tamén no congreso foi polo traballo de Ledo e o seu equipo” insistiu Néstor Rego. 
 
Enlace de vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=b5WLnh_oJ9Q
 
 
 

Lea también

Narón acolle a xornada “Moito que facer: coidados compartidos” para repensar a corresponsabilidade nos coidados

A asociación de familias monoparentais FAGAMOS quere chamar a atención sobre o reparto desigual das …