O BNG propón a creación dunha Comunidade Enerxética Local para Narón

Olaia Ledo presentou hoxe con Xosé Manuel Golpe; experto en eficiencia enerxética e comunidades produtoras locais, a proposta no programa do BNG de Narón da creación dunha Comunidade Enerxética Local para Narón que, a través de enerxía fotovoltaica (enerxía solar), permitise abaratar custes da luz e ademais ser sustentables, socialmente xustos e beneficiosas para a veciñanza e tamén empresas “as comunidades poden estar conformadas desde veciños, a PEMES, industrias e o concello debe desenvolver esta oportunidade».

«O polígono novo Milladoiro en Ames ten unha comunidade enerxética promovida polo propio Golpe pero é que, ademais, o polígono Río do Pozo tería unha oportunidade de instalación nos teitos das naves. Falamos de custos moi baixos; fronte ao modelo actual estes proxectos producen empoderamento e sustentabilidade grazas ao “km0” de non ter que transportar a enerxía, ao xerar e consumir no mesmo punto, ademais elimínanse moita perdas de rede” indica Olaia Ledo, candidata á alcaldía.

Pola súa banda Xosé Manuel Golpe apunta “o obxectivo neste polígono industrial e nos barrios e parroquias é socializar enerxía. Os beneficios son moitos, ademais da parte económica e social integramos o territorio, sobre todo se falamos do rural, no caso de Narón tedes un rural que cubre unha grande extensión, e esta é unha chave para volver cohesionar as parroquias. E finalmente, tamén, están os beneficios medio ambientais” incide Golpe.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …