A influencer naronesa Andrea Cánovas, apoia a candidatura do BNG cunha entrevista a Olaia ledo a través de zoom

Son novos tempos nas campañas electorais e as maneiras de comunicar mudan. Andrea Cánovas, naronesa e estudante de publicidade en Pontevedra, dá un paso adiante e ofrece o seu apoio ao BNG de Narón nestas eleccións. Non é un apoio calquera; a influencer acumula en Tik Tok (@canovitas_) mais de 111.000 seguidores e seguidoras. A entrevista será pública o martes a partir das 21h na plataforma de youtube a través da canle do BNG de Narón nesta rede social.

“Moita ilusión porque Andrea quixese formar parte desta campaña e unha honra que tome partido polo BNG. A xente nova é o noso exemplo para un Narón con presente e futuro. Escoitar a Andrea de que quere volver a Narón cando remate a carreira é un revulsivo porque iso é o que queremos, que Narón sexa un lugar dinámico e con oportunidades para a mocidade e para todas as idades, xénero ou condición social. Somos a candidatura da ilusión pero ter coñecido a Andrea é das cousas coas que me quedo, porque de persoas como ela temos que escoitar o que teñen que ofrecer e sobre todo aprender moito” Explica Olaia Ledo, candidata do BNG de Narón.

Así mesmo Andrea preséntase na entrevista como influencer pero tal e como anuncia “hoxe quero falar de cousas que me procupan máis como as propostas que levan os partidos para a mocidade” ,Andrea e Olaia falan de temas que vai sacando Cánovas para coñecer as propostas do BNG de Narón como o traballo, vivenda e transporte pasando polo veganismo, feminismo e alternativas de ocio na mocidade a través programa electoral do BNG “eu cando remate quero volver a Narón” declara convencida Andrea. O enlace á entrevista está anunciada na canle do BNG de Narón.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …