O BNG se compromete coa recuperación da casa natal de Carvalho Calero.

El candidato do BNG a alcaldia de Ferrol, Ivan Rivas, acompañado de membros da candidatura nacionalista participou onte sábado nun roteiro ao redor da presencia da figura de Carvalho Calero na cidade no que manifestou o compromiso do BNG coa rehabilitación da súa casa natal para convertila nun centro de referencia da historia, da cultura e da lingua na nosa cidade e que sirva, asi mesmo, de lugar de encontro para o barrio.

Iván Rivas sinalou que o BNG quere poñer en valor a unha das personaxes fundamentais da historia, da cultura eda intelectualidade desta cidade e deste país como é Carvalho Calero. Para poñer esta figura e valor é fundamental a recuperación da súa casa natal. Rivas afirmou que tras o proximo 28 de maio desde o BNG comprometémonos coa rehabilitacióne recuperación da súa vivenda para convertila nun centro de referencia da Historia, da cultura e da lingua nunha cidade como Ferrol, que sirva de lugar de encontro para o barrio e que sirva de lugar de investigación. Así mesmo ten que servir como lugar de referencia para estabelecer un lugar de conexión co pasado dun barrio como o de Ferrol Vello que afonda as raices desta cidade na historia de Galiza incluindo a idade media ou a nosa instrínseca relación coas Irmandades da Fala.

Rivas indicou que Carvalho Calero deixounos unha lección para o futuro que consiste en afirmar que o Galego non terá futuro mentras a súa estrutura dependa gramaticalmente do castelán e aproveitou esa imaxe para poñela en referencia do que acontece na nosa cidade. Ferrol necesita un goberno local sen dependencias externas e o feito de que por parte da Xunta e do actual goberno local, tras a anulación do Plan Especial de Ferrol Vello, non se quixese abordar a declaración de zona ZER para iniciar de maneira imediata a recuperación da casa natal de Carvalho demostra a indiferencia diante do patrimonio e de figuras como Carvalho Calero por parte destas administracións.

Rivas afirmou que desde o BNG comprometemonos de maneira explicita a acometer esa rehabilitación e a recuperación desta vivenda de maneira inmediata utilizando os instrumentos que temos ao noso dispor e o primeiro paso sería abordar a declaración de zona ZER o que nos permitiría abordar de maneira imediata o proxecto de rehabilitación .

Lea también

Rueda celebra la «primera autorización» para que SAIC llegue «a buen puerto» en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha celebrado como «una buena noticia» que el …