O BNG presentou no Val o seu programa electoral para Narón

Manu Teijido, Geno Carballeira e a candidata, Olaia Ledo presentaron este mércores en el Val as propostas do programa electoral do BNG para Narón. Neste programa os nacionalistas defenden a cultura, o deporte, a formación, o emprego e os servizos sociais como unha prioridade no programa e ter “plans directores para todos os barrios e parroquias” para gobernar Narón coma un conxunto.

O BNG de Narón sinala que traballa “coas máximas ilusións e espectativas nestas eleccións; e facémolo porque temos un programa que non quere ser mera propaganda de promesas se non un programa coa análise e as propostas necesarias para poñer a veciñanza de Narón e o seu benestar no centro. Hai catro anos viñemos cun programa revolucionario e hoxe sabemos que vai ser realidade” explicou Olaia Ledo, candidata á alcaldía de Narón.

«O Programa é extenso se o comparamos coas outras organizacións que se presentan na octava cidade galega, pero divídese para achegar todas as súas propostas que pasan por unha cidade deportiva en Río Seco, descentralizar servizos do concello, ter un técnico deportivo, conveniar con universidades e crear bolsas de emprego de persoas tituladas que invistan no rural, cláusulas sociais e de igualdade coas empresas ou mellorar o transporte público “ sinala o BNG nun comunicado. «O noso programa é para traballar desde o primeiro día e ter un Narón con todos os servizos cubertos e un Narón para presumir ; un Narón de todas as idades e para todas as persoas”. Ademais, aproveitando a súa parada en Narón; Manu Teijido, nº4 da candidatura coa confianza de que vai saír concelleiro desgranou o programa para a súa parroquia, O Val.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …