Xosé Paz Fdez (Coral Polif. Eumesa)-Metidos na temática litúrxica que adiantabamos fai uns dias, sobor do Concerto deste sábado, dia 15, diremos que é amplo e variado, pois tén encadres de distintos estilos e épocas máis ou menos importantes segundo os autores que compuxeron as músicas, dende a antiga á máis moderna. As obras, son inspiración de autores de diferentes ciclos ou etapas, sendo fácil escoitalas ás nosas corais espalladas pola terra nestos festivais e mostras. Así a grandeza das músicas dá prestixio ás interpretacións de Haendel, T. L. de Victoria, Palestrina, Mozart, J. S. Bach, Z.Kodaly e outros actuais, sendo estos unha referencia da morea de autores que se empregan, ou dos que empregamos as súas obras.
Abrindo o abano-espazo a outras variantes, ás veces a estas mostras de autores de renome, se lle poden engadir outras composicións que coa feitura,
inspiración e melodía deles, poden lograr o sentimento e espírito relixioso de quen as escoita con interese e curiosidade aínda sendo dun valor compositivo
máis sinxelo, menos intelectual e sen tanto nome e calidade. Nesta Mostra de Música Sacra organizada por al Coral Polifónica Eumesa escoitaranse pola nosa parte varias composicións de etapa clásica sacra e algunha da actual relixiosa, que se está a espallar. Da actual é o canto “Ecomi”.(Xunto a Ti), do autor actual italiano Marco Frisina, moi melódico, en traducción ó galego, sonoro, íntimo e pegadizo, bastante curto e con raices-verbas da antífona dos Hebreos 10, e o Salmo 39. Este autor non fai moitos meses estivo pola nosa terra dirixindo a Orquestra Filarmonía de Galicia na estrea da súa Misa ó Apóstolo Santiago. Na outra sección xa “clásica” e sacra, seguirá “Ti és Señor” da Cantata 84 de J. S. Bach,(1685- 1750), logo “Vinea mea electa ” de Giovanni P. da Palestrina (1525-1594), e finalmente o “Amén” de Tomás Luis de Victoria (1548-1611) peza moi curta deste autor español ó que lle fixo unha simbiose musical o inglés William Smith (1603-1645), a pesares de non ser da mesma época do autor español..
Nesta Mostra de Música Sacra e Relixiosa do sábado 15 de abril ás oito da tarde na Igrexa Parroquial tamén actuarán outras dúas corais xa veteranas: a
“Coral Amigos de Compostela” e o Coro Mixto “Reconquista de Oviedo”, ademais da organizadora. Estas dúas agrupacións xa iban a actuar o ano
pasado, pero quedaran pendentes de facelo debido á anulación da mostra pola pandemia.
Sabemos do Coro Mixto Reconquista o seguinte: “despois de 25 anos labourando como Asociación Dominicas de Oviedo concédenlle o Premio Axuntabense pola dedicación á música coral. Dende entón troca o nome polo de Sociedad Arte y Cultura Reconquista, e comeza unha nova andaina. A maioría dos seus compoñentes posúen unha longa traxectoria coralística , xa que pertenceron dende nenos/as a agrupacións anteriores, antes desta etapa. O seu director dende a fundación é Angel Gallego Bahillo. Esta agrupación pertence á Federación Coral Asturiana (Fecora) e tén acadado en diferentes festivais, moitos premios. Realizou a gravación de varios CD. con vilancicos, con temas relixiosos e outro con temas populares de Asturias. A Sociedad Arte y Cultura Reconquista posúe unha Scola Cantorum, un Coro de Cámara e un Coro Mixto, Estos grupos distintos en idades fai que sexan unha fonte, escola e motor cultural para as incorporacións de coralistas. Leva participado en moitos actos culturais rexionais e nacionais, viaxou a Austria onde deu un concerto; e en Italia, tamen realizou dous : en Florencia Liborio ”. Está integrada por cuarenta voces. Entre os autores das obras que interpretan están varios dos citados
anteriormente, ademáis de Mary Lin Ligt Foot e Jerkins.
Da outra agrupación “Amigos do Camiño”, de Santiago de Compostela, que xa actuou connosco en San Martiño Binario diremos que: “Foi fundada a finais do ano 2000.Tén participado en festivais de moita sona como os organizados polo IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) e en festivais de vilancicos e Festas da Ascensión do Concello de Santiago, asimesmo en diversas misas dominicais da TVG, tén cantado na Catedral de Santiago e participado nos Encontros da Federación Coral Galega. O seu director é Adrián Regueiro e como co-directora Mariola González. Está composta por dezaoito voces mixtas. E os autores das obras que interpretan son: R.Wagner, J.S. Bach, L.Perossi ou Julio Dominguez.