O alcalde, Ángel Mato, e a concelleira de Economía, María Teresa Deus, mantiveron a primeira hora desta tarde unha reunión telemática con representantes das asociacións de comerciantes da cidade durante a que lles detallaron as liñas de traballo que segue o goberno local para paliar os efectos da crise do COVID- 19 entre os negocios ferroláns. A videoconferencia tamén serviu para que o sector lles fixese chegar diversas inquedanzas e suxestións.
Ademais da liña de axudas que está a preparar o Concello, e que o rexedor tratou pola mañá cos portavoces dos grupos políticos, Mato e Deus expuxeron cuestións coma a xa aprobada modificación do calendario fiscal, coa intención de adiar os pagos á Administración local, e a posibilidade de reducir o importe de taxas ou prestacións proporcionalmente ao período no que os establecementos deban permanecer pechados.
Tamén os informaron de que o Concello ten proxectada unha campaña de dinamización do comercio local, para sensibilizar á cidadanía e promover as compras na cidade, e de outros plans, como accións formativas cara o emprego ou a creación dunha base de datos on-line de negocios.
Esta última iniciativa, que como punto de partida tería a misión de informar en tempo real sobre os establecementos que permanecen en funcionamento en Ferrol, servirá tamén para crear un directorio de pemes e unha aplicación municipal para a venda a través de Internet. Incluirá datos actualizados dos distintos negocios e explicará os servizos que ofrecen. A información recollida polo servizo de Promoción Económica e Emprego do Concello será a base para crear esa app de comercio local cun funcionamento similar ao de calquera plataforma de venda on-line.
Tanto Ángel Mato coma María Teresa Deus aseguraron tras o encontro que o Concello está aberto ás propostas que lle cheguen dende o tecido comercial ferrolán e destacaron a actitude colaboradora e construtiva das asociacións nas que se agrupa o sector. O goberno local, afirmaron, quere manter con elas un diálogo fluído para, na medida da dispoñibilidade orzamentaria, atender as súas necesidades e tratar de contrarrestar as consecuencias económicas da epidemia de coronavirus.
Mala idea. Este tipo de «apps» y «plataformas» NO funcionan. No han funcionado nunca y no lo van a hacer, es dinero perdido.
Una «tienda online» requiere mucho esfuerzo y atención constante, especialmente por parte del que le vá el dinero en ella. Si es promovida por un funcionario, es la receta perfecta para el fracaso rápido y el desperdicio del dinero público.
Menos impuestos, licencias inmediatas, cero burocracia. Eso son medidas que facilitan el comercio y la industria. Lo demás es robarles el dinero a unos para dárselo a otros.