O BNG propón un paquete de medidas para implementar no Concello de Ferrol para superar a crise polo COVID-19

Iván Rivas y María do Mar López en rueda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol despois da reunión mantida no dia de hoxe co resto de grupos municipais na xunta de voceiros quere facer públicos algúns dos aspectos e propostas que formulou no transcurso desa reunión.

En primeiro lugar solicitámoslle ao goberno local que acometa a suspension efectiva de todas as taxas e tributos que existen no Concello de Ferrol en concreto da taxa do lixo e da taxa de auga e depuración «como xa lle tiñamos comentado na anterior reunión e xa tiñamos solicitado e isto implica que o goberno municipal debería comunicar a EMAFESA que cese na emisión dos recibos que estan a chegar a casa dos veciños e veciñas e que comunique que o que ten emitido deixa de ter efecto, ao mesmo tempo, os veciños e veciñas deberían recibir unha comunicación municipal na que se lles informe ao redor da entrada en vigor desta suspensión e que por tanto non teñen que facer efectivos estes pagos«.

En segundo lugar o BNG considera que as axudas que se pretenden implementar e que se circuscriben as actividades de carácter económico teñen que complementarse con axudas decaracter social. Na nosa cidade e na comarca, ao longo desta semana, se teñen desenvolvido moitos ERTES, se teñen producido moitos despedimentos, moitas actividades non poden funcionar e non teñen un minimo ingreso e isto implica que a nivel social existe unha precariedade respecto dunha pàrte substancial dos veciños e veciñas desta cidade que non se está a ter en conta e que estan a sufrir, non só unha disminución nos seus ingresos habituais, senón tamén unha perda aboluta deses recursos. Polo tanto unha parte substancial das axudas municipais teñen que ser capaces de paliar esta situación mediante unhas bonificacións e incentivos de carácter social.

En terceiro lugar desde o BNG consideran que a politica económica desta cidade ten que mudar de maneira radical. O orzamento que non entrou en vigor para este ano 2020 debe ser reformulado en criterios de expansión económica. Estamos nunha cidade cun nivel de endebedamento que non chega nin ao 20% e, por tanto, «a capacidade que temos de recurrir a préstamos para desenvolver investimentos publicos e prestar servizos de cartacter esencial e municipal é enorme. Polo tanto cunha previsión de investimento público a curto prazo deberiamos comezar a traballar nun plano de choque para a reactivación non só económica senón social desta cidade

En cuarto lugar O BNG cre que se deberían asumir que as empresas que actualmente dependen do concello de Ferrol sexa porque teñen contrato, sexa porque teñen unha concesión de externalización ou sexa porque teñen privatizados servizos que deberían ser de carácter público «non poden ou non debería permitirselles que desenvolvan ERTES nin despedimentos, esto implica que todas aquela empresas que sexan dependentes desta administración local deberían manter a súa plantilla nas mesmas condicións laborais que tiñan antes de iniciarse esta declaración do estado de alarma e en todo caso o Concello deberá reorientar os traballos que se estan a desenvolver ou que deberían desenvolver estas traballadoras e traballadores nos servizos que son tan necesarios e urxentes a día de hoxe

Por ultimo todas estas cuestións deberían abordarse o antes posible para poder facelas efectivas nun pleno municipal que debería ter carácter urxente e extraordinario e que «conminanmos ao goberno municipal a que acometa e adopte a decisión da súa celebración o antes posíbel«.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …