O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, e a concelleira de Obras, Ana Lamas, acompañaron este martes á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa visita ás obras de saneamento da área da Malata. Tamén asistiron o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro, a voceira adxunta do grupo municipal do PP, Martina Aneiros, o concelleiro do PP Alejando Padilla e o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Vilariño Anca. A Conselleira supervisou as obras que estarán rematadas o próximo verán, tras o investimento duns 7 millóns de euros.
Agradecemento do alcalde
Ángel Mato agradeceu á Xunta que “destinara fondos europeos á ría de Ferrol” e lembrou que “desde hai 15 anos está a facerse un importante esforzo polo saneamento da ría de Ferrol e xa estamos preto”. Reiterou a súa vontade para que “co esforzo da administración local, da Xunta e da administración central podamos poñer un punto final a esta obra tan necesaria para Ferrol”. Entre as distintas administracións, o presuposto do saneamento integral da Ría é de case 230 millóns de euros e estará rematado a mediados do próximo ano, según explicou Ethel Vázquez.
O alcalde aproveitou a visita da conselleira para entregarlle “o traballo que fixemos en relación co río da Sardiña”. Neste senso, asegurou que “é importante que todas as administracións aproveitando os fondos que temos de Europa podamos traballar conxuntamente” para completar “no só a depuración de auga en a zona urbana, senón tamén no rural”. Ángel Mato recordou que este camiño “que se iniciou hai más de una década con todas as administracións está moi cerca de poder ter un punto final”. Tamén agradeceu a “boa disposición da Xunta para poder seguir traballando” e que hai que pensar “nos veciños de esta cidade que levan moito tempo esperando o saneamento”.
O alcalde quixo tamén recordar que hai un “amplo respaldo de todas as forzas políticas para que este mandato aborde de verdade o saneamento del rural e vamos a dar pasos a lo largo desta lexislatura”.
Sobre a estación intermodal, o alcalde aproveitou o encontro para recordar que “non ten ningún sentido falar de ela se non están as conexións resoltas”. No seu momento, e como senador “con otrou goberno en España, dixen que de nada serve poñer parches a una infraestrutura que require dun novo trazado”. Neste senso dixo que “hai que ir moito máis alá de reducir os tempos de viaxe en tren en 10 minutos entre Ferrol e A Coruña, tal e como planteou no seu momento a Xunta”. Reiterou que Ferrol “necesita estar no eixo atlántico de transporte de persoas” e lembrou que o novo trazado ten que ter un tempo de viaxe entre as dúas cidades de aproximadamente 30 minutos. «Iso fará competitiva nosa cidade”.
O alcalde quixo recordar que Ferrol é una cidade que “paulatinamente está a sufrir una falla de competitividade importante por mor das conexións que ten tanto por estrada, pola falta da vía de alta capacidade pola costa, aínda en proxecto, como pola vía ferroviaria, e estarei xunto a calquera administración que reclame que esta conexión se faga”. E instistiu en que “non ten ningún sentido que entre Ferrol e A Coruña o tempo de viaxe sexa 1 hora e 16 minutos e entre A Coruña e Vigo sexa de 1 hora e 20 minutos. Seguirei reclamando conexións dignas. Non pode seguir habendo cidadáns de primeira e de segunda na nosa comunidade autónoma”.
Saneamento integral da ría
Vázquez Mourelle subliñou que con estas actuacións se completa o saneamento integral da ría, o que suporá beneficios para os veciños, para a calidade das augas e para a pesca, o marisqueo e o turismo.
Explicou que se trata das obras no último treito que queda pendente para completar a rede de interceptores da marxe norte da ría, que trata as augas residuais de Ferrol e Narón.
Concretou que os traballos, iniciados no mes de abril, están a pleno rendemento e avanzan a ritmo intenso, pois hoxe hai unha ducia de operarios traballando na zona e tamén maquinaria pesada.
Indicou que se está a construír un tanque de tormentas no contorno do CIS Galicia, que xestionará o caudal que chega á depuradora de Prioriño desde a zona este almacenando as augas antes de ser bombeadas á depuradora. Tamén se executará un tanque de tormentas na zona da Malata, de maior capacidade.
Nestes momentos están rematados os muros guía en ambos os tanques de tormentas, xa que no do CIS está traballando a máquina pantalladora, que permitirá avanzar na execución da estrutura soterrada do tanque.
Estes traballos completaranse cunha rede de colectores xerais en distintos puntos e cun sistema de regulación que controlará o caudal procedente da zona este da enseada da Malata transportado polo colector xeral.
A Xunta prevé ir poñendo en servizo as obras conforme se vaian rematando as fases. Na actualidade xa hai unha zona que está conectada na área do CIS e prevese que no vindeiro mes de febreiro se poida conectar toda a vertente oeste, que éa da contorna do CIS.
A conselleira salientou que este conxunto de infraestruturas hidráulicas de regulación e xestión do caudal busca levar todas as augas residuais urbanas das aglomeracións de Ferrol e Narón ata a EDAR de Cabo Prioriño para a súa correcta depuración.
Lembrou que a Xunta segue a dar os pasos necesarios para completar e acadar a depuración integral das augas que chegan ao mar, con estas obras de saneamento que se suman ás realizadas na marxe sur, coa execución dos colectores de Ares, Fene e Mugardos e a EDAR de Punta Avarenta.
Ademais acometéronse outras nesta marxe norte, en colaboración co Estado: o emisario e a EDAR de Cabo Prioriño e os colectores xerais de Ferrol e Narón, que cofinanciou a Xunta.
Fixo fincapé nun investimento global de 230 millóns no saneamento da ría, dos que máis de 100 foron achegados polo Goberno galego. Engadiu que xa teñen dado froitos porque o banco marisqueiro da Gándara ten mellorado a súa clasificación, pasando a ser zona B, a primeira vez en 20 anos, un paso moi positivo para o sector.
Non obstante, destacou que no saneamento das rías tan importante como executar infraestruturas o é explotalas e mantelas nas mellores condicións, algo que lle corresponde aos concellos. Convidou ás deputacións provinciais a que traballen conxuntamente cos concellos nesta tarefa.
Recordou que aínda que a Xunta invista millóns nunha depuradora, se despois os concellos, que teñen a competencia e o deber legal, non teñen vontade ou capacidade para xestionala en condicións, se estará tirando ese investimento.