Pintura ferrolá, tempos de exposicións

Nas últimas datas presentáronse en Ferrol dúas exposicións de pintura de certo interese, adoecendo en ámbolos casos da xa habitual carencia dun axeitado catálogo. No Casino Ferrolano unha exposición de González Collado, co título xenérico de “Semblanzas de niñez”, mostra as últimas obras do pintor ferrolán, falecido fai un ano, centradas en diferentes recunchos da cidade e dentro da liña ultimamente seguida polo autor. 

A obra do pintor, un total de 18 acuarelas de amplo formato, exponse nunha sala do Casino Ferrolano, á que se lle puxo o nome de Gonzalez Collado; cumpre lembrar que xa o ano 1942 este pintor levo usa cabo a súa primeira exposición nesta entidade. A exposición acompáñase dunha serie de obras de cerámica da súa dona, Fina Pena, dentro da notable mestura de realidade e fantasía que caracteriza á artista ferrolá.

No Centro Cultural Municipal presentouse unha exposición, patrocinada pola Sociedad Artística Ferrolana. Baixo o título de “XXXVI Salón da Muller na Pintura 2019”, móstrase a obra de 36 artistas ferrolás ou afincadas na cidade. Trátase dunha serie de obras de diverso formato, de variada técnica empregada e mesmo de diferente interese e valoración

Ferrol é o berce de recoñecidos pintores, falándose incluso dunha escola propia de pintura, dispoñendo de numerosas coleccións de pintura en entidades oficiais e asociacións culturais, ademais de recoñecidas galerías pictóricas e coleccionistas de arte. Non embargantes, non se dispón dun Museo da Cidade, como teñen localidades de menor entidade, para expor o importante número de máis de mil obras pictóricas.

Ferrol posúe un Centro Cultural Municipal, un amplo edificio dezaoitesco, cuxas salas nobres, ben acondicionadas, deberíanse utilizar para expor de forma permanente as pinturas e gravados propiedade do Concello, varias delas almacenadas en diversos lugares do Centro.

Os derradeiros anos o pintor ferrolán González Collado cedeu ao Concello de Ferrol máis de duascentas obras. O Concello posúe ademais un amplo número de obras, de boa calidade e interese, de artistas locais ou afincados en Ferrol: Álvarez de Sotomayor, Agustín Robles, Eduardo de la Vega, Máximo Ramos, Vicente Díaz, Imeldo Corral, Bello Piñeiro, Segura Torrella e outros.

Estamos a falar de máis de dous centenares de obras, algunhas gardadas de calquera maneira ou simplemente colgadas nas escadas do Concello, cando este edificio tan só debería mostrar obras institucionais e retratos de persoeiros significados. Es vergoñento que despois de corenta anos de Concellos democráticos no se dispoña dun catálogo de los fondos artísticos municipais ou, caso de habelo, non se faga público, para dar a coñecer de forma exeitada estas obras.

Mentres tanto, unha institución privada ferrolá, o Hospital Xeral, dispón dunha notable pinacoteca, a mellor da cidade no seu xénero, unhas oitenta obras, na súa maioría retratos e obras de temática relixiosa, da que se editou un completo catálogo o ano 1995, por mor da súa exposición no Centro Cultural Municipal.

Entre as sociedades da cidade, o Casino Ferrolano ten catalogada unha notable colección de trescentos cadros de autores locais e foráneos, a maioría procedentes das exposicións alí realizadas. A Sociedad Artística Ferrolana, polo seu propio labor artístico e as exposicións que leva a cabo, ten unha importante pinacoteca dun centenar de obras. Outras dous entidades ferrolás, o Ateneo Ferrolán e o Real Coro Toxos e Froles, posúen tamén un número importante de obras.

Nesta relación circunstanciada cumpre incluír á Armada, dona dunha interesante colección pictórica de más de trescentas obras colgadas no Museo Naval e dependencias da Mariña, recollidas nunha publicación do ano 1984. Trátase dun inventario incompleto, ao non incluír un número importante de obras repartidas pola antiga Capitanía Xeneral, edificio de Intendencia, e varias dependencias de Caranza, A Graña e o Montón.

Todo isto xa está dito, pero como ninguén atende ou non lle importa, hai que repetilo
(André Gide, Premio Nobel do ano 1947)

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …

2 comentarios

  1. Creo que sería más que acertado hacer un museo-pinacoteca de la ciudad de Ferrol. Creo, sin embargo, que el CC Torrente Ballester debería seguir siendo lo que es, pues una sala de exposiciones/eventos dinámica complementa muy bien a las exposiciones permanentes. Veo, por lo tanto, algunos problemas en que sea la ubicación idónea (el mismo Concejal de Cultura ha indicado que no reúne las condiciones para la conservación de las pinturas que allí se expondrían. A mí me encantaría que se negociase con Correos un traslado y que su actual sede completase una de las mejores zonas culturales de Galicia.

    También está el problema de que las sociedades privadas y las instituciones no municipales no tienen ninguna obligación de ceder sus obras, y que tal vez en el caso de hacerlas no serían las mejores, sino aquellas que no quieren exponer ellos. La selección, por tanto, sería complicada.

    Y luego queda (como siempre) el problema habitual de «¿Y todo esto quién lo paga?», que ya sabemos que EXPONAV cuesta más de 200.000 euros por año. ¿Y éste, cuánto costaría?

    Estoy de acuerdo en lo demás, que viene siendo que en Ferrol hay buenos artistas y, por tanto, buenas obras de arte.

  2. Maribel Garrote

    Es muy de agradecer este artículo en el que mencionan la exposición de González Collado que el Casino ha organizado para homenajear a este artista .
    Únicamente decir que hay un error en la publicación .Sí SE HA HECHO UN CATÁLOGO que se distribuyó gratuitamente en la inauguración .
    Se agotaron y se hicieron más que se pusieron a la venta y lo están al módico precio de 5€.
    Destacar también que ningún organismo nos proporcionó la más mínima ayuda económica ni tampoco con su presencia .
    Aclarado esto , gracias y saludos .
    Maribel Garrote Rey
    Comisaria de ducha exposición